Nova protesta de extraballadoras/es de GEA ante Inversiones Subel

- 29 Nov 2016

Ex traballadoras e ex traballadores de Grupo de Empresas Álvarez volveron este martes á Coruña para demandar de Inversiones Subel (propiedade do empresario Fernández Somoza) que cumpra co pactado e abone as millonarias cantidades que ten pendente de pagar a este colectivo.

O persoal permaneceu concentrado dende as 10:30 horas até as 12:30 horas e un grupo de traballadores/as estivo no interior das oficinas tentado manter unha reunión coa empresa, até seren desaloxados/as pola policía.

Este grupo de ex traballadores/as das fábricas de louzas de GEA (Royal China, Santa Clara ou Pontesa) levan quince anos loitando para poder cobrar o que é seu. O próximo venres, ás 11:00 horas, farán unha nova concentración diante de Inversiones Subel.

>>>Máis información sobre este conflito.