Nova protesta contra os despidos no grupo Eroski en Vigo

A CIG desenvolveu unha concentración nun supermercado da cadea en Mos
- 24 Mar 2017

A CIG-Servizos desenvolveu hoxe unha nova mobilización contra a vaga de despedimentos no grupo Eroski en Vigo. Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais da central concentrouse nesta ocasión ás portas dun supermercado da empresa vasca de distibución en Mos, onde despregaron unha faixa e berraron consignas contra a represión laboral.

 

>>Máis información sobre a campaña de protestas