“Non son ladróns, son traballadores!”

Unha nova mobilización en Vigo reclamou o indulto para Carlos e Serafín

Vigo -

Arredor dun cento de persoas volveron amosar hoxe en Vigo a súa solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de cadea pola súa participación na folga provincial do transporte en 2008. Os asistentes á concentración celebrada esta tarde na cidade reclamaron a berros a concesión dun indulto que evitaría a súa entrada en prisión. “Non son ladróns, son traballadores!”, “A represión non é a solución” e “Indulto xa!” foron de novo as consignas máis coreadas durante unha mobilización que se desenvolveu a carón da farola de Urzaiz de 19.30 a 20.00 horas.

Volver