A CIG continuou este xoves coas mobilizacións para esixirlle ao Goberno municipal de Monterroso que recúe na súa decisión de privatizar o servizo de axuda no fogar. Unha medida que só servirá para empeorar a calidade do servizo que se presta e precarizar as condicións das traballadoras.
A protesta realizouse coincidindo coa celebración do pleno municipal (que se desenvolveu de xeito telemático) no que se someteron a debate dúa mocións contra a privatización do SAF presentadas polos grupos da oposición.
22 Mai 2026
31 Xan 2024
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.