Mobilízate coa CIG este domingo día 7 por unha saída galega xusta da crise

A central convoca marchas e concentracións en 18 localidades do país
Nacional - 02 Feb 2021

Dentro da campaña por unha saída galega xusta da crise que a CIG está a desenvolver dende o mes de outubro, a central nacionalista ten convocada unha xornada de mobilizacións para o domingo 7 de febreiro para esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Unha recuperación que non será posíbel sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013.

As mobilizacións terán carácter expansivo e desenvolveranse en 18 localidades garantíndose en todo momento as medidas de seguridade.

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS

Marchas

-Vigo: ás 11:30h.

Saída desde A Dobrada

Saída desde a Praza do Concello

-A Coruña: ás 11:30h.

Saída desde a Casa do Mar

Saída desde a Torre de Hércules (estatua de Breogán)

Saída desde o Pazo da Ópera

Saída da Praza de Portugal (Praza das Gaivotas)

-Pontevedra: ás 11:30h.

Saída desde o Hospital Provincial (rúa Loureiro Crespo)

Saída desde a Rotonda de San Roque - Alameda

-Vilagarcía: ás 11:30h.

Saída desde a rotonda do Ramal

Saída desde a rotonda do Piñeiriño

-Compostela: ás 11:30h.

Saída desde o Hotel Peregrino

Saída desde a Rotonda S. Caetano

Saída desde a Rotonda do Restollal

-Ferrol: ás11:30h.

Saída desde a Praza Vella

-Lugo: ás 11:30h.

Saída desde o Parque Frigsa (Av. da Coruña)

Saída desde o Edificio INSS (Av. de Madrid)

-Ourense: ás 11:30h.

Saída desde a Estación RENFE

Saída desde a Rotonda Mariñamansa (Paco Paz)

Saída desde o estadio de fútbol do Couto

Concentracións

-A Guarda: ás 11:30h: Praza do Reloxo

-As Pontes: ás 12:00h: Edificio do INEM

-Boiro: ás 12:00h: Praza do Concello

-Cangas: ás 11:30h: Praza do Concello

-Cee: ás 12:00h: Praza do Concello

-Lalín: ás 11:30h: Praza da Torre

-Porriño: ás 11:30h: Praza do Concello

-Redondela: ás 11:30h: Praza do Concello

-Ribadeo: ás 12:00h: Oficina de Emprego

-Verín: ás 12:00h: Praza do Concello