A CIG convoca para o vindeiro martes, día 15 de decembro, concentracións en 15 cidades e vilas de todo o territorio galego, dando así continuidade á campaña de concienciación e socialización que vén en demanda de políticas que permitan unha saída galega xusta da crise e para evitar un novo saqueo da clase traballadora.
Concentracións
Ferrol : Edificio da Xunta, 11h
Pontevedra : Subdelegación do Goberno, 11h
Vilagarcía : Praza de Galicia, 11h
Lalín : Edificio Comarcal da Xunta (Rúa Areal, 30), 11h
Santiago : Praza Roxa, 11h
Ribeira : Praza do Concello, 11h
A Coruña : Praza de Pontevedra, 11h
Cee : Praza do Concello, 12h
Vigo : Praza do Concello, 11h
O Porriño : Praza do Concello, 11h
Redondela : Praza do Concello, 11h
Ourense : Praza do Ferro, 10h
Verín : Praza do Concello, 12h
Lugo : Praza Maior (diante do Concello), 11:30h
Foz : Diante da Delegación de Facenda, 17h
A central sindical elaborou unha batería de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra. Medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos teñen que xogar un papel fundamental e a través das que se insta a facer unha forte aposta en favor das forzas sociais galegas para o desenvolvemento deste proceso.
Ao longo do mes de novembro desenvolvéronse múltiples asembleas por todo o país, de forma descentralizada, para facilitar a participación e dar cumprimento a todas as medidas de prevención fronte á covid.
Para darlle continuidade a esta campaña e respaldar as demandas da central sindical convócanse agora estas concentracións de delegadas e delegados, tamén con carácter descentralizado, para facilitar a participación e garantir as medidas de prevención.