Milleiros de persoas toman as rúas de Compostela en defensa da sanidade pública
Exixen a retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e o desenvolvemento da de 2008
Miles de persoas percorreron as rúas da capital de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e en demanda de que se desenvolva a existente desde 2008. Na mobilización, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, exixiuse ademais que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias e a apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.
Persoal sanitario, doentes, plataformas das áreas sanitarias afectadas polo desmantelamento dos hospitais comarcais e miles e miles de usuarios e usuarias da sanidade pública galega desprazáronse este domingo a Compostela para defender o sistema sanitario público e universal.
En nome da plataforma Isabel Risco, que foi a encargada de ler o manifesto, e posteriormente o seu portavoz, Manuel Martín, agradeceron ao persoal sanitario o seu labor por garantir, malia os recortes, unha asistencia sanitaria de calidade.
Reproducimos, de seguido, o manifesto.
Manifesto
A Sanidade Pública Galega está en perigo
Desde a chegada ao poder de Núñez Feijoo a Xunta de Galiza, recortáronse dramaticamente os recursos do Sistema Sanitario Público Galego, tanto en orzamento, como en camas hospitalarias ou en prazas de persoal. O abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria deixou sen construír máis de 60 Centros de Saúde e reduciu o seu orzamento ao 11% do gasto sanitario (moi lonxe do 25% acordado cos traballadores do sistema).
Estes drásticos recortes son os responsables das inadmisibles listas de agarda nos hospitais e centros de saúde, dos colapsos das urxencias hospitalarias e das dificultades de acceso á atención nos hospitais comarcais.
Os únicos beneficiarios desta política foron as empresas privadas, especialmente as multinacionais que están a apoderarse do sistema e que incrementaron nun 42% a concertación co SERGAS.
E agora o Sistema Sanitario Público Galego, enfróntase a dúas novas ameazas:
1.- A aprobación da Lei de Garantías de Tempos de Espera, que fixa en 60 días o límite para unha intervención cirúrxica e en 45 días para unha proba diagnóstica ou unha consulta co especialista. En caso de superarse este tempo, o SERGAS pagará ao sector privado a atención sanitaria destes pacientes.
Todo o mundo sabe que estes límites están por debaixo da media de espera, tanto da publicada polo SERGAS como nas listas ocultas ou non estruturais, que teñen sen reflexar a miles de pacientes.
A trampa de Feijoo para desviar a centos de enfermos da sanidade pública a privada consiste no seguinte:
Primeiro nos recortes de recursos tanto en persoal como en infraestruturas, que retrasan as consultas, as probas diagnosticas e as intervencións cirúrxicas nos hospitais públicos. Isto leva consigo que nunca se cumpran os prazos que se marca o propio sistema co cal, sempre se sobrepasa e xa temos a desculpa para derivar os pacientes a privada.
Na tolerancia da dobre dedicación, pública e privada, de moitos profesionais, especialmente os que teñen responsabilidade na xestión. Non é difícil adiviñar que traballar para os centros públicos e á vez nos privados, permite lucrarse da baixa actividade nos servizos públicos.
Esta Lei forma parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria, trasladando a miles de pacientes da sanidade pública a privada. Está xá calculado que 86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública á privada, desde o día 10 de xaneiro que entrou en vigor a aplicación, por parte do Sistema Público, da derivación dos pacientes a privada. O mesmo SERGAS está a chamar aos pacientes en espera, para que vaian aos centros concertados, descapitalizando así un sistema sanitario público, xa moi depauperado.
2.- O proxecto de modificar a Lei Galega de Saúde, elaborada polo bipartito no ano 2008, que xa entrou no Parlamento para discusión o 6 de febreiro do 2018 (pasado mañán) que en caso de ser aprobado:
Desmantelará os hospitais comarcais, dificultando así o acceso á asistencia especializada a poboación rural e máis envellecida, e recentralizará o control da Consellería de Sanidade, sobre a atención dá saúde. Por outro lado, moitos pacientes atendidos nos centros comarcais, acabarán nos Complexos Hospitalarios, incrementado así as listas de agarda dos mesmos.
Perpetuará as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) que someten á Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias , en detrimento da promoción, prevención e atención próxima da poboación. Acabar co actual modelo de Atención Primaria suporá acabar coa promoción e prevención de saúde (que non é negocio) e darlle o beneficio á estratexia baseada na curación que pode ser transformada nunha mercancía máis.
Privatizará a formación a investigación e a innovación sanitaria (I+D+I) , consolidando a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e outros chiringuitos, onde participan empresas multinacionais, que xa acaparan unha gran parte de fondos públicos, destinados á investigación de saúde. A sanidade pública pon o diñeiro, os profesionais, os medios diagnósticos, o persoal e os pacientes, e as multinacionais quédanse coas patentes. Na Lei, Núñez Feijoo recoñece que o novo obxectivo do SERGAS, será favorecer o desenvolvemento empresarial de Galiza, en lugar de garantir a saúde da poboación.
Acabará ca participación social para o control da Sanidade Pública Galega: pasa a ser unha pantomima, escoitar sen decidir. A participación cidadá quedaría ao arbitrio da consellaría de sanidade pois, por decreto , decidirá quen participa e quen non na fiscalización do desenvolvemento da Sanidade Pública Galega.
Favorecerá a creación de chiringuitos de xestión privada para xestionar unha parte importante do sistema e para laboralizar o persoal, potenciando así o favoritismo e a arbitrariedade na contratación do persoal sanitario.
Levamos anos denunciado e mobilizándonos dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza; manifestándonos contra a política de recortes, o desmantelamento e a privatización do noso Sistema Sanitario Público Galego por parte do Partido Popular.
Pese aos desmentidos do seu goberno a realidade é teimuda, as listas de agarda crecen e ocúltanse, os pacientes teñen que esperar días e semanas para ser atendidos nos seus centros de saúde, as urxencias colápsanse periodicamente, os Hospitais comarcais perden profesionais e servizos e a poboación rural debe facer quilómetros para recibir asistencia hospitalaria; os profesionais sanitarios sofren unha sobrecarga de traballo inaceptable e unhas condicións laborais cada vez máis precarias.
Mentres tanto, grazas a Núñez Feijoo, a patronal privada, as multinacionais, os fondos de inversión, os fondos voitres e os grupos de presión dos profesionais da xestión, se están a quedar co sistema sanitario público galego, facendo grandes negocios co diñeiro público a costa da saúde dos galegos e galegas.
Só unha gran mobilización social e profesional pode frear esta política privatizadora impulsada pola Xunta de Galicia.
Exiximos:
1.- A retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde. Que por consenso se desenvolva a Lei Galega de Saúde existente dende o ano 2008.
2.- Que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias.
3.- A apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.
Grazas a todos e todas polo voso esforzo e participación.
Seguiremos nesta loita. Non, Non, Non, a privatización.