Mercadona despide de maneira arbitraria mentres o persoal ten que asumir unha sobrecarga de traballo brutal
A CIG concentrouse na tenda da Avda de Oza da Coruña para esixir a readmisión dunha traballadora
A CIG concentrouse este luns diante do M ercadona de Avda. de Oza (A Coruña) para amosar o máis rotundo desacordo cos despedimentos que está executando a empresa de maneira totalmente arbitraria e inxustificada . Dende o pasado mes de decembro, houbo cinco despedimentos en distintas tendas da provincia, aínda que poderían ser máis xa que a empresa non traslada esta información como debería á representación legal do persoal.
A presidenta do comité da Coruña e delegada da CIG, María López Alejos , lembra que o persoal de tendas está sometido constantemente a un control exhaustivo das súas funcións, practicándoselles “preavaliacións e avaliacións” de minucioso control e supervisión, nas que se recollen apreciacións que son absolutamente subxectivas , xa que non dependen d e criterios prefixados e coñecidos, senón do que valore en cada momento a persoa encargada da tenda .
Desas avali acións depende en gran medida que se cobre ou non a prima anual, mais tamén serven para aplicar despedimentos á carta , tal e como lle aconteceu a unha traballadora d o supermercado da Avda. de Oza , da que se demandou a súa readmisión durante a concentración deste luns . Para López Alejos, a trás deste despedimento “hai un acto de persecución por parte de Mercadona contra aqueles traballadores e traballadoras que exercen os seus dereitos laborais ”.
Despedimentos á carta
C on estas prácticas , denuncia, Mercadona consegue botar a quen lle veña en gana , sustentando os despedimentos en supostos incumprimentos d os m étodos de traballo internos " que en numerosas ocasións lle solicitamos por escrito , pero que xam a is accederon a propor cionárnolos, xerando unha indefensión total ás traballadoras/es" .
Sinala a presidenta do comité que os métodos son tan exhaustivos que resultan imposíbeis de cumprir durante toda a xornada laboral , especialmente dende o inicio da pandemia debido á sobrecarga de traballo que está a asumir o persoal polo incremento das vendas .
Porén, as consecuencias non son iguais para todas as traballadoras /es, e ante o mesmo incumprimento unhas veces prodúcese unha apertura de sanción, noutras emítense actas de reprimenda (que na práctica Mercadona utiliza como sancións nas cartas de despedimento) e noutros casos non acontece nada.
López sinala que non se entende que un incumprimento sexa motivación suficiente como para p roceder ao despedime nto e menos aínda que este se apl ique de forma selectiva e discriminada. Casualmente, matiza, "a quen acaban despedindo é ás persoas que teñen o atrevemento de face r valer seus dereitos laborais. O certo é que dependendo da decisión de quen coordina a tenda e das directrices que dende RRHH lle encomenden, poderás acabar facilmente despedido/a con independencia de se es unha boa ou mala traballadora" , manifesta.
Sobrecarga de traballo en todas as tendas
Xunto a isto, advirte que dende o inicio da pandemia, e de forma xeneralizada nas 23 tendas da provincia, estase a soportar unha enorme carga de traballo e o persoal atópase totalmente extralimitado en funcións " aí nda que a empresa segue a aseverar que teñen o persoal preciso e e s c ú sanse en problemas de organización e a imprevisibilidade da situación " .
Non obstante, o control exhaustivo de tarefas acrec e nt ouse " e segue recaendo na subxectividade da opinión do/a encargada/o de tenda (coa colaboración do departamento de RR HH) a decisión de a brir actas, amo estacións, sancións e suspensos nestas avaliacións perso ais a quen non se dobregue ante as esixencias de renunciar a exercer os seus dereitos laborais , atendendo u nicamente a dar total prioridade ás necesidades de incrementar a produ tividade nas tendas " .
A este respecto refírese á persecución que sofre o persoal que cae de baixa, chegando a darse casos de traballadoras/es a quen Mercadona lles puxo vixilancia privada para controlar o que facían; a dificultade coa que se atopan as mulleres embarazadas para acceder á suspensión de contrato por risco e n cumprimento dos protocolos de prevención; as complicacións para acollerse ás reducións de xornada por coidado de menor que a empresa formalizan con carácter de “revisable mensual/semestral” ; así como a n egativa sistemática das solicitudes horarias en materia de conciliación da vida familiar e laboral .
"P erseguen a identificación de disidentes do seu sistema/ modelo de traballo (que chaman Modelo de Calidade Total ) que Mercadona debe de pensar que está por en riba do Estatuto dos Traballadores e Traballadoras e que, en todo caso, lles sae moi ren díbel . Xa nin que d i cir ten dos dereitos sindicais, a política do medo e a represión son cimentos nesta cadea de supermercados ", asevera López, quen apunta que a representación da CIG seguirá pelexando para que se respecten os dereitos de todo o persoal.