Maioría absoluta da CIG nas eleccións sindicais celebradas no 061

Obtivo tres dos cinco delegados/as que conforman o comité de empresa

Compostela -

A CIG acadou a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas este mércores no servizo de xestión telefónica da Central de Coordinación FPUS do 061-Galiza, en Compostela. A central sindical salienta a elevada participación do persoal nesta convocatoria electoral, xa que dun total de 85 traballadores/as votaron un total de 73.

A CIG obtivo un total de 36 votos e 3 delegados/as; USO 19 votos e 1 delegado e a CUT 16 votos e outro delegado. Uns resultados cos que o persoal de Grupo Norte -empresa concesionaria do servizo- respalda a traxectoria de loita en defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras, máis nun momento decisivo, por mor do traslado desta Central de Coordinación para o concello da Estrada, onde compartirá edificio co 112.

Volver