O mundo do traballo galego segue a experimentar un peor comportamento ca o estatal, tal e como amosan os datos de paro rexistrado en febreiro feitos públicos hoxe polo Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE). O mes pasado rematou con 914 persoas máis anotadas como demandantes de emprego no noso país, o que representa o 25% do total das novas persoas rexistradas como paradas no conxunto do Estado nese período.
Este incremento do desemprego do 0,8% en Galiza contrasta co 0,15% da media estatal, evidenciando unha peor evolución no caso galego e situando a cifra total de paro en 116.058 persoas. Até o punto de que o 25% das novas inscricións de persoas sen emprego no Estado español foron no noso país.
|
Persoas paradas
|
|
|
Variación
|
| |
Xaneiro
|
|
Absoluta
|
%
|
|
A coruña
|
45.561
|
45.703
|
142
|
0,3%
|
|
Lugo
|
11.663
|
11.783
|
120
|
1,0%
|
|
Ourense
|
14.057
|
14.172
|
115
|
0,8%
|
|
Pontevedra
|
43.863
|
44.400
|
537
|
1,2%
|
|
Total
|
115.144
|
116.058
|
914
|
0,8%
|
Fonte: SEPE.
Este incremento das persoas paradas contrasta co aumento da afiliación á Seguridade Social rexistrado no mesmo período: 4405 persoas máis dadas de alta en relación co mes de xaneiro, o que supón unha suba do 0,4%. Esta diferenza podería explicarse por un incremento da poboación activa derivado do proceso de regularización de persoas migrantes.
Poboación parada
O incremento da poboación parada circunscríbese case exclusivamente ao sector servizos, o que se explicaría polo remate do período de rebaixas no comercio e o conseguinte despedimento das persoas contratadas para esta campaña comercial. E en menor medida ao colectivo de persoas sen emprego anterior, o que podería gardar relación coa chegada de poboación migrante e co proceso de regularización actualmente en marcha.
Unha vez máis, o aumento do paro é maior entre as mulleres, até o punto de que o 65% das novas persoas desempregadas son mulleres. E tamén de novo as persoas de máis idade volven ser as máis prexudicadas pola perda de emprego: o 38% das novas persoas paradas rexistradas en febreiro teñen máis de 45 anos.
Afiliación á Seguridade Social
O incremento da afiliación produciuse en todas as provincias, destacando en maior medida o aumento na da Coruña. Por ramas de actividade, na que máis descende a afiliación foi no comercio, aínda que tamén perdeu afiliación educación e transporte. Esta perda compensouse co incremento en ramas de actividade ligadas ao sector público, tanto na administración propiamente como nas ramas sanitarias e de servizos sociais.
|
Afiliación á SS
|
|
|
Variación
|
| |
Xaneiro
|
Febreiro
|
Absoluta
|
%
|
|
A Coruña
|
474.175
|
476.902
|
2727
|
0,6%
|
|
Lugo
|
124.770
|
124.796
|
26
|
0,0%
|
|
Ourense
|
107.386
|
107.683
|
297
|
0,3%
|
|
Pontevedra
|
377.493
|
378.848
|
1355
|
0,4%
|
|
Total
|
1.083.824
|
1.088.229
|
4405
|
0,4%
|
Fonte: Seguridade Social.
O feito de que o incremento da afiliación se produza en ramas ligadas ao sector público explicaría tamén o aumento de determinadas modalidade de contratación, como “fixos/descontinuos” e “outros”. Nesta última categoría están incluídas as persoas funcionarias inscritas ao Réxime xeral, de aí que o incremento desta modalidade pode deberse ao proceso de estabilización que están levando a cabo as distintas administracións.
Debilidade estrutural do modelo galego
Para o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego r Industria da CIG, Paco Sío, o comportamento negativo do mundo do traballo galego non ten que ver cunha problemática conxuntural, senón que responde á debilidade estrutural dun modelo económico “excesivamente dependente do sector servizos, con emprego de baixa calidade, e agudizado pola inexistencia dunha política industrial e dunha planificación económica que asegure postos de traballo de calidade”.
Para Sío esta dependencia do sector servizos confirma o carácter precario e estacional do emprego, xa que o aumento do paro ao remate da campaña de rebaixas demostra que os postos de traballo xerados son temporais, de curta duración e altamente rotatorios.
O responsábel sindical fai fincapé tamén en que o maior impacto de desemprego nas mulleres evidencia unha maior concentración das mulleres nos sectores máis precarios (comercio, hostalaría, coidados, etc.) e denuncia que o feito de que estes sectores estean cada vez máis feminizados é consecuencia directa do fracaso das políticas públicas de igualdade entre homes e mulleres. “Sen políticas laborais transformadoras e sen reforzo dos servizos públicos de coidados a desigualdade estrutural manterase”.
En canto ao maior impacto do paro nas persoas maiores de 45 anos, Sío sinalou a necesidade de poñer especial énfase na reinserción laboral e na atención ao maior índice de desemprego de longa duración e á vulnerabilidade social crecente neste colectivo.
No que ten que ver coa contradición entre o medre do paro e o aumento da afiliación, sinala que “sen o sostén do emprego público o noso país estaría a destruír emprego neto, xa que o emprego privado ligado ao consumo perde forza”.
Ao mesmo tempo, incide en que o forte crecemento da contratación fixa-descontinua evidencia que os postos traballo que se crean non son estábeis, xa que están ligados a períodos de actividade determinada, “polo que o único que fan é maquillar estatísticas de temporalidade”.
Como conclusión refire que os datos reforzan a necesidade dunha política industrial galega con capacidade de decisión propia, a blindaxe e reforzo dos servizos públicos, a derrogación real das reformas laborais que consolidan a precariedade, medidas urxentes contra fenda de xénero no emprego, plans de emprego específicos para maiores de 45 anos e control e limitación da contratación fixa-descontinua.