Fracaso da negociación en Madrid do convenio de consultorías

A CIG convoca unha asemblea de traballadores/as a próxima semana para concretar a súa posición
Nacional - 12 Set 2017

A mesa de negociación do convenio de consultorías reuníuse esta mañá en Madrid para abordar cuestión relativas a condicións salariais, laborais e sociais. A CIG denuncia que a proposta da patronal segue empeorando as condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector. Prevendo que este sería o resultado desta reunión a central sindical xa promovera unha xuntanza do sector na Galiza que está prevista para finais deste mes no Consello Galego de Relacións Laborais.

Segundo explica Iria Salvande, representante da CIG-Banca, “a nosa central sindical xa viña convocando mobilizacións a prol dun convenio galego de empresas TIC e no día de hoxe propúxosenos a unidade sindical de cara presionar para chegar a un acordo a nivel estatal”.

A CIG-Banca acordou convocar unha asemblea de sector para a vindeira semana abordar esta cuestión a fin de que concretar a nosa posición.