Defender a clase traballadora non é un delito!

Nova concentración a prol do indulto a Carlos e Serafín este xoves en Vigo
Vigo - 14 Nov 2017

As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha nova concentración este xoves 16 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de cadea por participar na folga provincial do transporte en 2008.

Dende os sindicatos promotores da mobilización insisten en demandar unha medida de graza que evite a entrada en prisión dos afectados e lembran que defender os dereitos da clase traballadora “non é un delito”. Na anterior concentración, celebrada o pasado 19 de outubro, adiantaron a posibilidade de trasladar as protestas á Subdelegación en Pontevedra.