Defendamos as pensións públicas!

Unhas 500 persoas participan na mobilización convocada pola CIG de Vigo
Vigo - 07 Feb 2018

Arredor de medio milleiro de persoas secundaron a protesta convocada esta mañá na rúa do Príncipe de Vigo polo colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG, alertando das novas agresións ao sistema público de pensións por parte do Goberno do Partido Popular.

Ao remate da mobilización, o secretario comarcal da CIG de Vigo,Alberto Gonçalves, dirixiuse aos asistentes, denunciando a tentativa do gran capital para fomentar os plans privados en detrimento do actual modelo, que xa sufriu importantes ataques como o 'pensionazo' de 2011, e emprazando a novas mobilizacións.