Convenio digno e salarios xustos en Valoriza Auga

- 08 Out 2018

Ás portas do Pazo de María Pita, onde este luns se celebra o pleno municipal da Coruña, os traballadores de Valoriza Auga reivindicáronlle ao Goberno local que interveña no conflito para acadar un convenio digno. ‬O persoal ten os salarios conxelados dende hai oito anos e agora, a pesar de que neste tempo a empresa (que realiza o mantemento da rede de sumidoiros da Coruña) veu incrementados os seus beneficios.

Dentro do calendario de mobilizacións aprobado, o próximo mércores 10 e o xoves día 11, o persoal volverá secundar paros laborais‬ de tres horas por quenda e concentracións para demandar o desbloqueo da negociación colectiva e un convenio que lles permita recuperar o poder adquisitivo perdido ao longo destes anos.