Contra a centralización da negociación

Trátase dun proceso posto en marcha polo Estado español para empobrecer aínda máis clase traballadora

Nacional -

As sucesivas reformas laborais e da negociación colectiva supuxeron un deterioro na negociación dos convenios e nas súas condicións, concretamente no que ten que ver coa precariedade na contratación, na desregulación da xornada laboral, nos incrementos salariais, nos mecanismos de actualización salarial e na paralización de numerosos convenios de sector con escasa implantación sindical ou patronais desaparecidas.

A isto hai que engadir a centralización da negociación colectiva, que fai que o ámbito estatal e os convenios de empresa teñan prioridade aos de sector e autonómicos. Trátase dun proceso posto en marcha polo do Estado español para empobrecer aínda máis clase traballadora a través da explotación e da desigualdade.

Estas novas formas de explotación esíxenlle ao movemento sindical unha renovación, un repensamento das alternativas e das formas de actuación. Ademais, é necesario incidir na importancia de ter un marco galego de relacións laborais para evitar imposicións dende Madrid.

Definir propostas

O obxectivo ten que ser a loita pola recuperación salarial, a regulación da xornada laboral, a prohibición das diferentes formas de precarización, a defensa dos convenios de sector e autonómicos, o control da contratación, a recuperación de servizos públicos, a defensa da nosa lingua e da saúde no traballo e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Máis ca nunca é fundamental definir propostas concretas para os diferentes ámbitos de negociación, acumulando forzas e mobilizando; debemos ser a correa de transmisión que leve o debate aos centros de traballo, nun achegamento coa clase traballadora necesario para crear conciencia de clase.

Volver