Continúan as concentracións solidarias a prol do indulto a Carlos e Serafín

A mobilización terá lugar este xoves 15 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas
Vigo - 15 Xun 2017

As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT volverán a mobilizarse este xoves 15 en Vigo para esixir o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez que o Goberno español do Partido Popular lles nega. Os dous traballadores foron condenados a tres anos de prisión por participar na folga provincial do Transporte en 2008, e tamén dende hai tres anos un clamor popular demanda que se lles conceda unha medida de graza que evite a súa entrada na cadea. Como cada mes, a concentración solidaria terá lugar diante do Marco ás 20:00 horas.