Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocan unha nova concentración solidaria con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de prisión por participar na folga privincial do transporte en 2008. A mobilización para reclamarlle ao Goberno español que lles conceda un indulto polo que levan máis de tres anos agardando e que evitaría a súa entrada na cadea terá lugar este xoves 23 a carón da farola de Urzaiz ás 19.30 horas.
21 Xun 2024
12 Feb 2019
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.