Continúa a solidariedade a prol do indulto a Carlos e Serafín

Vigo acolleu unha nova concentración en apoio dos dous traballadores condenados a prisión

Vigo -

Co inicio do ano as centrais retomaron as concentracións para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de cadea pola súa participación na folga provincial do transporte de 2008.

Arredor dun cento de persoas participaron onte na nova mobilización convocada pola CIG, CCOO e UGT diante do Marco de Vigo en solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez e para reclamar que se lles conceda un indulto parcial que evite a súa entrada en prisión.

“Non son ladróns, son traballadores” e “Os indultos non son para os corruptos” foron os berros que máis se escoitaron durante a concentración que se desenvolveu de 20.00 a 20.30 horas. Ao remate do acto leuse un comunicado no que se denuncia a situación que atravesan estes dous traballadores dende hai máis de tres anos e se urxe ao Goberno español do PP a tramitar o indulto.

Volver