Máis dun cento de persoas participaron hoxe en Vigo na concentración convocada por preto dunha vintena de organizacións -entre elas a CIG- en solidariedade co pobo sirio, pola paz e contra o imperialismo. Durante a mobilización, que tivo lugar no farol de Urzaiz a última hora da tarde, berráronse consignas en apoio do país árabe e denunciouse o recente ataque militar liderado polos EEUU e a violación do dereito internacional por parte das potencias agresoras.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.