Concentración no SMAC de Ferrol para esixir a readmisión dun traballador de Forestal del Atlántico

Ferrol -

Coincidindo co acto de conciliación no SMAC de Ferrol, traballadores de Forestal del Atlántico concentrábanse o pasado venres para esixir a readmisión do compañeiro despedido e trasladarlle o seu apoio e solidariedade.

Entenden que este despedimento é unha medida exemplarizante cara ao resto do persoal, xa que se produciu logo da asemblea na que se acordou iniciar medidas para esixir melloras en materia de prevención e saúde laboral, e das condicións económicas.

No SMAC non foi posíbel chegar a acordo xa que a empresa, novamente, se negou a reincorporar ao traballador, polo que o proceso continuará agora pola vía xudicial.

Volver