A CIG realizou esta mañá unha concentración diante do CPI Ramón Piñeiro de Láncara para reclamar a cobertura inmediata do único posto de conserxía do centro. A persoa que ocupa a praza atópase de baixa dende o 25 de marzo, pero transcorridos máis de dous meses, o Concello -a administración á que lle corresponde cubrir este posto- segue sen enviar ningunha persoa para asuma as tarefas de conserxaría.
O CPI Ramón Piñeiro, que conta con 235 estudantes, só ten este posto de conserxería e o equipo directivo xa se dirixiu hai un mes ao Concello de Láncara solictando a cobertera uxente do posto, tendo en conta que esta ausencia afecta ao funcionamento do centro (apertura e peche, control de acceso, atención ao público, xestión de chaves, etc) e á da calidade da atención á comunidade educativa.
Neste tempo, o equipo directivo e unha persoa auxiliar administrativa, ademais das súas funcións, están asumindo as funcións de conserxería, co incremento de traballo que se rexistra nos centros no último tramo do curso escolas.
Porén, denuncia a CIG-Administración de Lugo, nin o equipo directivo nin a asociación formada por nais e pais do alumnado que fixo a mesma petición, recibiron resposta por parte do Concello.
A CIG tamén se dixiriu á administración municipal para coñecer os motivos da non cobertura “e a resposta foi que non hai listas de substitucións. Dá a impresión de que realizar o trámite de facer un chamamento xenérico ao Servizo Galego de Emprego para contratar unha persoa para o posto de conserxe no CPI Ramón Piñeiro é un traballo difícil, que pode demorar máis de dous meses”, critica Xerardo Alvaredo.
Considera de “grave irresponsabilidade” por parte do concello de Láncara non atender as necesidades da comunidade educactiva do seu centro de ensino e por iso a centra dediciu realizar esta mañá unha concentración ás portas do centro de ensino.