Comunicado Sindical en apoio da Revolución Bolivariana de Venezuela

“É inadmisible calquera tipo de inxerencia ou intervención contra calquera pobo soberano”

Internacional -

Os sindicatos asinantes, reunidos en Barcelona no marco da Diada de Catalunya queremos manifestar o seguinte ante a escalada da inxerencia externa do imperialismo dos Estados Unidos e dos seus socios Europeos na República Bolivariana de Venezuela:

-Denunciamos que é inadmisible calquera tipo de inxerencia ou intervención contra calquera pobo soberano; como neste caso o de República Bolivariana de Venezuela.

-Denunciamos a fabricación e a utilización da matriz mediática chamada “crise humanitaria”, exemplo do máis descarado cinismo destinado a preparar unha intervención militar contra o pobo de Venezuela.

-As organizacións sindicais declaramos nosa máis profunda solidariedade coa clase traballadora Venezolana e facemos un chamamento aos pobos do mundo a non deixarse engaiolar polas falacias do imperialismo, que o seu único obxectivo é destruír a República Bolivariana de Venezuela.

Volver