Comunicado conxunto da CGT, CIG, ELA, ASOC e LAB en AENA/ENAIRE

Denuncian a posición de UGT, CCOO e USO no conflito que se vive no sector aeroportuario
Nacional - 12 Set 2017

CIG, ELA, LAB, SOC e CGT de AENA/ENAIRE veñen de asinar un comunicado conxunto por mor do conflito existente no sector aeroportuario e, nomeadamente, respecto da que definen como “folga teatro” anunciada por CCOO, UGT e USO. Reproducimos, de seguido, o comunicado.

COMUNICADO

O conflito permanente que existe na actualidade no sector aeroportuario e aeronáutico vai moito más alá do que se pretende demostrar nesta negociación coa posta en escena dunha folga-teatro anunciada  por CCOO, UGT e USO. Esta pantomima de negociación entre diferentes ministerios, empresas e os sindicatos de sempre, pon de manifesto a realidade dunha conxuntura institucional que solo busca afianzar o modelo de xestión privatizador a costa da degradación do servizo público que prestamos.

Nesta folga-teatro non hai ningunha confrontación con ese modelo privatizador, principal problema da situación actual do sector, ó contrario, pretende aproveitarse da conxuntura actual, obviando os porqués de cómo chegamos a esta situación. O persoal de Enaire e Aena non somos alleos a eso. As nosas condicións de traballo, igual que as de decenas de miles de persoas sufriron una mingúa considerable. Todo grazas a eses cómplices necesarios que agora “ameazan”, con mobilizacións, dando en cada reunión un paso atrás e creando un marco de negociación alleo ós verdadeiros intereses do persoal de Aena e Enaire.

Por todo iso, os sindicatos CGT, CIG, ELA, ASOC e LAB, presentes nos distintos aeroportos da rede de Aena-Enaire, e ante as iniciativas da Coordinadora Sindical Estatal (CSE), queremos facer chegar ós traballadores dos aeroportos as seguintes consideracións:

  1. Coordinadora Estatal Sindical (CSE)

 

  • A CSE (na que soamente están presentes os sindicatos CCOO, UGT e USO) presentaron unilateralmente unha plataforma reivindicativa, e un aviso de convocatoria de folga da que os e as traballadoras tivemos unha primeira noticia a través dos medios de comunicación.
  • Para decidir esta iniciativa, e o seu contido (o  que están negociando), a CSE tomou unha decisión unilateral, ignorando e ninguneando ós Comités de Centro de cada aeroporto e ó resto dos sindicatos da rede.
  • A plataforma reivindicativa que presenta a CSE no contexto da folga-teatro que convocaron non é que sea soamente insuficiente, senón que obvia, premeditadamente, o marco de privatización dos servizos e as degradantes condiciones de traballo que se xeneraron para miles de compañeiros destes servizos.

 

  1. Emprego e economía

 

  • Do 2012-2016 produciuse un aumento da productividade do 221%
  • En 2012, antes do ERE, o cadro de persoal era de 8.447 traballadores para un tráfico de 194 millóns de pax. En 2016, o cadro de persoal era de 7.297 traballadores e o tráfico alcanzaba cifras históricas con un 230 millóns de pax
  • O estado ingresou polo 49% da venta de Aena, 4.263 mill €, o valor actual está por encima dos 13.300 mill €, un 313% máis.
  • A retribución dos accionistas aumentou un 41% respecto ó ano pasado mentres que o salario dos traballadores tras máis de unha década aumentará un 1%
  • Por todo o anterior, consideramos que con esta conxuntura económica, Aena e Enaire deben recuperar o cadro de persoal mínimo de antes do ERE para adecualo ó aumento das cargas de traballo actuais, aumentar o salario substancialmente moi por encima do 2% e os mesmos niveles de dividendos dos accionistas voitres que se enriqueceron a nosa costa.

 

  1. Temporalidade

 

  • Durante os últimos anos a temporalidade foi escandalosamente en aumento
  • É necesario un proceso de consolidación de prazas serio, claro, obxectivo e con participación de tódolos representantes dos traballadores, coa finalidade de converter o emprego temporal en fixo
  • Tendo en conta neste proceso de consolidación, ós compañeiros que quedaron excluídos no último proceso de selección externa, traballadores temporais con ata 8 anos de antigüidade na empresa que quedaron excluídos de esta bolsa e sen oportunidade de consolidar nun futuro, tras un proceso de selección falto de transparencia e cheo de irregularidades. Neste polémico proceso de selección, a Comisión de Promoción e Selección (CPPS) mirou cara a outro lado deixando indefensos a centos de compañeiras e compañeiros.

 

  1. Ampliación do Convenio

 

  • A publicación no BOE da ampliación da vixencia do Convenio Colectivo do Grupo Aena ata o 31/01/2021 foi acordado na reunión da Coordinadora Estatal Sindical (CSE, 1 e 2 de Xullo de 2014) e na Acta de desconvocatoria de folga do 9 de febreiro de 2015.
  • En esta acta de 2015, ante o incumprimento do acordo de ampliación de vixencia do Convenio, a empresa expuso “que estaba tramitando dito acordo”·
  • Que os sindicatos CCOO, USO e UGT se acorden en 2017 da ampliación da vixencia do convenio, tres años despois de que se acordara a súa  ampliación, manifesta a deixadez absoluta dos sindicatos da CSE á hora de protexer os dereitos dos traballadores, que todo Convenio ampara. ¿Por qué se vai publicar agora e non antes? Esto parece máis unha moeda de cambio para encher folios en esta pantomima de negociación, deixando de tratar temas tamén importantes.

 

  1. Participación na Comisión Negociadora

 

  • Segundo o artigo 8.2 da Lei Orgánica de Libertade Sindical (LOLS), as secciones sindicais que teñan representación nos comités de empresa ou conten con delegados de persoal, tendrán dereito á negociación colectiva.
  • A non autorización por parte da CSE á presenza dos numerosos sindicatos nas mesas negociadoras, manifesta a política pouco transparente da Empresa e dos sindicatos CCOO, UGT e USO e a falta de respecto por tódolos traballadores representados polos sindicatos excluídos.

 

A degradación das condicións laborais, a perda de emprego e a privatización de servizos en propio de Aena-Enaire, é unha dinámica sen fin e ante a que é necesaria unha resposta contundente, firme e cun obxectivo que non pode ser outro que o de reverter o modelo de xestión privatizadora.

Por todo iso, os sindicatos aquí firmantes, chamamos ós/as traballadores/as de tódolos aeroportos da rede Aena-Enaire, a potenciar unha loita conxunta en defensa dos postos de traballo con  condicións dignas para todas e todos.  Pola nosa parte, seguiremos informando e traballando nelo.