A sección sindical da CIG en Telefónica continuou este xoves na central do Montiño da Coruña coas mobilizacións contra a decisión da empresa de eliminar un total de 632 empregos en Galiza como consecuencia da aplicación do Convenio Colectivo de Empresas Vinculadas, xa que inclúe a redución, concentración e centralización do cadro de persoal en Madrid e Barcelona.
O obxectivo da mobilización (que dá continuidade á realizada no día de onte en Vigo) é denunciar os plans da empresa e expoñer e defender a posición da central sindical a respecto da “seudonegociación” que se está a desenvolver arredor do CEV que regula as condicións do persoal de Telefónica de España, Telefónica Móviles e Telefónica Solucións.
Máis info: A CIG-Telefónica mobilízase contra a eliminación de máis de 630 empregos en Galiza
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.