CIG-Servizos reclama a subrogación de dúas traballadoras da limpeza da UdC

A Coruña - 09 Feb 2024

A CIG-Servizos mobilizouse este venres diante da Fundación Universidade da Coruña para reclamar que se proceda de inmediato a subrogar a unha traballadora e a un traballador do servizo de limpeza a quen a entidade deixou fóra, garantido así o seu dereito a manter o emprego. Unha das traballadoras afectadas ten discapacidade mentres que o outro é delegado da sección sindical da CIG.

Cómpre lembrar que a UdC decidiu rescatar o servizo e recuperar a xestión a directa desta actividade a través da súa Fundación. O proceso, que se demorou a causa dos atrancos da patronal estatal da limpeza Aspel, efectivizouse en novembro pasado, cando todo o persoal pasou a ser subrogado na FUAC.

Porén, unha traballadora con discapacidade e un delegado da sección sindical da CIG quedaron excluídos, sen que até o momento a FUAC resolvera a situación. Diante disto, , a CIG-Servizos acordou realizar esta mobilización para reclamar que se reincorpore de inmediato as dúas persoas afectadas.