CIG-Ensino demanda recuperar a xornada lectiva docente e un plan de estabilidade para persoal interino

Convocou unha concentración fronte a Xunta para exixir a Feijóo que devolva os dereitos "deturpados" ao profesorado

Nacional -

Unha representación da CIG-Ensino e de profesorado afectado polos recortes de persoal neste comezo de curso concentráronse este mércores diante da Consellaría de Educación esta mañá para apelar directamente ao presidente da Xunta a que remate con estes recortes “e deixe de liderar a política restritiva no ensino no Estado español”.

No decurso da concentración denunciaron que o curso comezou con 428 docentes interinos menos e que se veñen rexistrando numerosas queixas nos centros por falta de persoal, carencias na atención á diversidade e aulas masificadas. Ademais case un terzo das vacantes foron adxudicadas con afíns, itinerancias ou bilingües, o que fai que o persoal docente non poida desempeñar correctamente o seu traballo prexudicando claramente a algunhas especialidades.

Para a CIG-Ensino esta problemática solucionaríase volvendo á xornada das 18 horas en Secundaria e das 21 horas en Primaria, como xa o están a facer noutras comunidades, o que permitiría incrementar os cadros de persoal docente e garantiría unha maior porcentaxe de prazas “limpas”, é dicir, de especialistas en cada materia. Así mesmo, reclámanlle á administración que aprobe un plan de estabilidade para o persoal interino de avanzada idade ou con moito tempo de experiencia e que deixe a un lado a propaganda á hora de fixar as ofertas públicas de emprego.

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, lembrou que Galiza foi a primeira comunidade que viu incrementada a xornada lectiva do seu profesorado, “antes incluso de que Rajoy aprobara o Real Decreto que agora pretende derrogar o Ministerio, que devolve a competencia aos gobernos autonómicos para recuperar as 18 horas semanais de docencia en Secundaria e as 21 en Primaria”.

A este respecto sinalou que “temos constatado coa nosa campaña de recollida de sinaturas e polas asembleas nos centros que esta é unha das principais demandas do colectivo docente no noso país”.

Esta xornada lectiva, que xa estivo en vigor até a chegada de Feijóo ao poder, permitiríalle aos e ás docentes galegas centrarse no verdadeiramente importante, a preparación das clases e os traballos de coordinación, así como incrementaría considerabelmente os cadros de persoal nos centros que neste comezo de curso se queixan de que non poden dar resposta á oferta educativa básica nos distintos niveis, nin poñer en marcha programas de reforzo, nin desdobres, que redundan sempre nunha mellor atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Estabilidade para o persoal interino

Porén, unha das cuestións que “non se entende da política educativa deste conselleiro é que se lles siga negando profesorado aos centros cando este curso hai 428 persoas menos con contrato de interinidade que o curso pasado”, subliñou o máximo responsábel da CIG-Ensino.

A situación na que quedaron boa parte dos que non obtiveron contrato de interinidade e que non aprobaron as oposicións celebradas en xuño podería paliarse de se atenderen agora as lexítimas demandas da comunidade educativa, que leva a que en centros como a ESAD de Galiza ou o IES de Brión non comezaran aínda as clases por mor das protestas do seu claustro, alumnado e familias.

Neste sentido, Bermello volveu incidir na necesidade de que a administración educativa aborde a negociación dun acordo de estabilidade que garanta que o profesorado con anos de servizos prestados ou de avanzada idade non se vexa prexudicado polas próximas ofertas de emprego. “Se nos guiamos pola propaganda do conselleiro en 2019 haberá máis de 2.000 prazas nas oposicións docentes aínda que, como sabemos, haberá que agardar para saber se de novo “inflan” as cifras como fixeron este ano coa promoción interna”, indicou. “Con todo, e ante as escasas esperanzas de que o goberno do Estado acepte ir a unha dobre vía de acceso, a CIG-Ensino seguirá reclamando que as prazas se convoquen tendo en conta o número de xubilacións de cada especialidade e que mediante este acordo se rescate a aquel persoal que puidera quedar sen traballo tras a OPE a través dos habituais destinos provisionais que se outorgan cada curso.”

As afíns como marca da política de recortes de profesorado.

Así e todo, tanto a redución da xornada lectiva como a regulamentación dunha vez das afíns, dos ámbitos ou dos módulos, así como a supresión das itinerancias tamén poden servir para aumentar o persoal en activo no ensino público galego, á vez que redundarían na calidade da oferta educativa.

En concreto, a adxudicación de destinos provisionais dos corpos de secundaria para o curso 2018/19 foi un novo exemplo dos perfís disparatados aos que nos ten acostumados esta Consellaría. Esta situación é responsabilidade última dos recortes de persoal de Educación, o que levou a que a inmensa maioría dos centros visen reducidos os seus efectivos nestes últimos anos e teñan que compoñer perfís que son retallos de varias especialidades. Porén, non podemos obviar que hai algúns perfís de prazas que non responden a ningún criterio lóxico e que, máis alá das carencias provocadas pola Administración, parecen estar feitos ad hoc para quen pida afíns tan dispares.

Neste curso 1.291 docentes de secundaria impartirán materias que non lle son propias. Esta cifra representa máis dun 28% de todo o profesorado con destino provisional.

Hai 991 docentes que impartirán 1 especialidade a maiores da súa. Mais esta cifra é enganosa xa que 136 destas compañeiras e compañeiros terán que impartir ámbitos dos PMAR (Programas de Mellora da Aprendizaxe e Reforzo) en 2º e 3º da ESO ou módulos da FP Básica, o que implica que impartirán currículos de varias especialidades.

A situación agrávase no caso de 300 docentes que terán que aturar  2 materias afíns, e dentro deles, en 60 casos hai que engadirlle a impartición de ámbitos dos PMAR ou módulos da FP Básica.

Entre estas 60 prazas adxudicadas salientan as seguintes por tratarse de combinacións cando menos “moi estrañas”:

 

Vacante

Afín 1

Afín 2

Módulos ou Ámbitos

Xeografía e Historia

Inglés

Lingua Galega

Mod Com. e Soc.

Lingua Castelá

Inglés

Xeografía e Historia

Mód Com. e Soc.

Tecnoloxía

Matemáticas

Física e Química

Amb Cient. Mat.

Tecnoloxía

Bioloxía e Xeoloxía

Debuxo

Amb Cient. Mat.

Economía

Inglés

Administración de Empresas

Amb. Cient. Tec

Xeografía e Historia

Filosofía

Economía

Mod. Com. e Soc

Procesos de Xestión Administrativa

Bioloxía e Xeoloxía

Tecnoloxía

Mod. Cienc. Aplic.

Bioloxía e Xeoloxía

Debuxo

Lingua Galega

Mod Cienc Aplic

Francés

Lingua Castelá

Lingua Galega

Amb lingüistico

Inglés

Lingua Castelá

Lingua Galega

Amb lingüistico

Bioloxía e Xeoloxía

FeQ

EF

Amb Cient. Mat.

Bioloxía e Xeoloxía

Matemáticas

Tecnoloxía

Amb. Cient. Mat.

Física e Química

Debuxo

Economía

Amb. Cient. Mat.

Filosofía

Lingua Castelá

Lingua Galega

Amb. Lingüist.

Grego

Lingua Castelá

Lingua Galega

Amb. Lingüist.

Latín

Educación Física

Lingua Galega

Amb. Lingüist.

Francés

Lingua Castelá

Lingua Galega

Amb. Lingüist.

Xeografía e Historia

Lingua Castelá

Lingua Galega

Amb. Lingüist.

Bioloxía e Xeoloxía

Matemáticas

Física e Química

Amb.Cient.Tec.

Economía

Matemáticas

Física e Química

Amb.Cient.Tec.

Física e Química

Matemáticas

Bioloxía e Xeoloxía

Amb.Cient.Tec.

Matemáticas

Física e Química

Debuxo

Amb.Cient.Tec.

Xeografía e Historia

Música

Educación Física

Amb.Lingüist.

Xeografía e Historia

Música

Tecnoloxía

Amb.Lingüist.

 

Hai especialidades que están especialmente castigadas pola Consellaría desde hai anos, arrastrando as reducións horarias de modificacións curriculares nalgúns casos e a negativa da administración a sacar prazas a concurso de traslados ou a permitir desdobres ou reducións horarias por actividades complementarias. Elixiron tres para exemplificar a situación que se produce en materias con pouca carga lectiva e ás que a Consellaría relega a un segundo plano.

Falan de casos como o de Filosofía, con 74 adxudicacións nas que esta especialidade se usa para completar horarios. Constatamos así como non se produce ningún cambio relevante polo feito de que este ano se incorpore como materia de oferta obrigatoria a Hª da Filosofía en 2º de Bacharelato.

No caso de Música hai 49 vacantes nas que é materia afín e se amplían os centros na zona rural, especialmente na montaña de Lugo, nos que non hai ningunha profesora ou profesor especialista en Música. Educación Física tamén se ten convertido nun comodín doutras especialidades, e así temos 34 vacantes nas que figura como afín.

Vacantes dun corpo docente con afíns doutro corpo

De novo volven aparecer neste curso exemplos nos que a Consellaría mestura especialidades de diferentes corpos, con especialistas de FP impartindo materias propias da ESO e vicerversa.

 

Vacante

Afín mesmo corpo

Afín doutro corpo docente

Música (PES)

Tecnoloxía

Técnicas e Procedementos de Imaxe e son (PTFP)

Administración de Empresas (PES)

Lingua Castelá

Produción téxtil e tratamentos Físico Químicos

Equipos Electrónicos (PTFP)

Inglés

Tecnoloxía

Equipos Electrónicos (PTFP)

Economía

Tecnoloxía

Instalacións Electrotécnicas (PTFP)

Inglés

Tecnoloxía

Técnicas e Procedementos de Imaxe e son (PTFP)

Educación Fisica

Tecnoloxía

 

Centros con moitas afíns e cun elevado índice de provisionalidade.

 

A CIG-Ensino xa denunciou en reiteradas ocasións que a Consellaría ten que pór fin á situación que se vive en moitas especialidades nas que o profesorado leva anos e anos sen poder acadar destino definitivo ou cando chega a el sen oferta de prazas para poder trasladarse de novo. É un problema que a CIG-Ensino xa ten detectado e trasladado á Consellaría. Case todos os Centros Integrados de Formación Profesional teñen entre 30 e 50 docentes con destino provisional e son moitos os IES con 15 ou 20 prazas provisionais, chegando mesmo a superar os 30 nalgúns casos. Hai centros nos que se ofertaron dez vacantes e todas elas con dúas afíns. É frecuente que nun mesmo centro varias das prazas saian cunha mesma especialidade afín (4 no mesmo centro con Tecnoloxía como afín, con Debuxo, con Física e Química, 5 prazas con Inglés como afín, etc…)

É certo que o curso pasado, logo dun informe detallado que desde a CIG lle trasladamos á Subdirección Xeral, houbo un incremento importante de prazas no CXT, así como tamén o é que o propio Subdirector se comprometeu na Mesa Sectorial a negociar nos Servizos Centrais as vacantes para o próximo concurso e amosou receptividade ás propostas da CIG-Ensino. Mais de nada servirán as boas palabras se non se acompañan de feitos.

O sindicato fará, como en anos anteriores, un traballo exhaustivo para desbloquear a oferta de vacantes e rematar con esa realidade de centros que teñen demasiado profesorado con destino provisional. O seu obxectivo foi e seguirá a ser que ninguén permaneza mais de dous anos cun destino provisional.

Volver