“Carlos, Serafín, indulto xa!”

Continúa a solidariedade cos dous traballadores condenados a prisión
Vigo - 17 Nov 2017

As rúas de Vigo acolleron este xoves unha nova concentración para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte en 2008.

Ducias de solidarios/as continuaron un xoves máis coas mobilizacións para reclamarlle ao Goberno español que lles conceda unha medida de graza que evite a súa entrada en prisión “porque defender os dereitos da clase traballadora non é un delito”.

“Carlos, Serafín, indulto xa!” e “Non son ladróns, son traballadores” foron novamente os berros que máis se escoitaron nunha protesta convocada pola CIG, CCOO e UGT que terá continuidade até que o Consello de Ministros/as tome unha decisión positiva ao respecto.