- 21 Set 2018
Carlos e Serafín non están sós! Un xoves máis concentrámonos en Vigo para reclamar un indulto cada vez máis urxente, tal e como lle comunicaron o mércores pasado á subdelegada do Goberno en Pontevedra os secretarios das 3 centrais. Non son ladróns, son traballadores!

"Despois de 100 días de goberno é hora de pasar dos xestos aos feitos", expresou durante a concentración Alberte Gonçalves, secretario comarcal da CIG-Vigo, que reclamou do gabinete de Sánchez que "xa é hora de que o Consello de Ministros aprobe o indulto para estes dous traballadores inocentes". Non hai escusas!