Asinado un preacordo para o convenio de hostalaría da provincia da Coruña

A CIG convoca asembleas do sector para o día 15 de outubro en A Coruña, Ferrol, Compostela e Ribeira
Nacional - 07 Out 2026

O pasado martes, día 6 de outubro, CIG, CCOO e UGT chegaban a un preacordo para o convenio para o sector de hostalaría. A CIG ten convocadas asembleas ás 1:00 e ás 17:00 horas para que sexan as traballadoras e traballadores do sector quen decidan se ratifican ese acordo, ou non.

A CIG-Servizos salienta que entre os puntos máis relevantes está a paga de gratificación de 500€ para 2025 (cobrarase en proporción da xornada e período traballado) a cobrar, a máis tardar o 31 de Outubro de 2026

Contémplase ademais unha suba salarial do 3% para 2026, que se estipulará na nómina de novembro e os atrasos do 1 de xaneiro ao 31 de Outubro cobraranse a 31 de decembro. Para 2027, a suba será do 3,5%; en 2028, do 3% e en 2029, do 3,25%.

Todo isto, con revisión a IPC, sen tope, e con carácter retroactivo, a 1 de Xaneiro de cada ano, ademais dun plus de transporte de 30 € desde o 1 de Outubro de 2026.

Asembleas

A CIG chama ás traballadoras e traballadores do sector a participar nas asembleas convocadas nos locais da CIG para o vindeiro día 15 de outubro, para explicar o acordo e decidir entre todas e todos asinar ou non o convenio:

  • Compostela: Ás 11:00 e as 17:00 horas
  • Ribeira: Ás 19:00 HORAS)
  • A Coruña: Ás 11:00 e ás 17:30 horas
  • Ferrol: Ás 11:00 e ás 17:00 horas)