As IX Asembleas da CIG de Cee e Carballo elixen a Xabier Santos e Martín Caamaño como responsábeis locais

No proceso tamén se renovaron as Executivas Locais e se aprobaron os informes de xestión
Carballo/Cee - 25 Mai 2026

O sábado 23 de maio, dentro do proceso de renovación de órganos iniciado no noveno congreso confederal, desenvolvéronse as asembleas das Unións Locais da CIG de Cee e Carballo, nas que resultaron reelixidos Xabier Santos Canosa e Martín Caamaño Santamaría como responsábeis locais.

Durante os procesos, aos que se presentaron cadansúa candidatura unitaria, tamén se  renovaron as Executivas Locais e debatéronse e aprobáronse os informes de xestión, nos que se fai un repaso da acción sindical desenvolta nos últimos catro anos e se avanzan as liñas de traballo para o vindeiro período. Ambas Unións Locais forman parte da estrutura territorial da Unión Comarcal da CIG da Coruña.

Composición da nova Executiva da CIG de Carballo

Deste xeito, a nova Executiva da Unión Local da CIG de Carballo queda conformada polas seguintes persoas:

- Martín Caamaño Santamariña

- Ana Suárez Alonso

- Agustín Méndez Loureiro

- Amaya Parga Fraga

- Martín Pérez Abelenda

Composición da nova Executiva da CIG de Cee

Pola súa banda, as persoas que integran a nova Executiva da Unión Local da CIG de Cee son:

- Xabier Santos Canosa

- Ana Belén Lestón Gallardo

- Alfonso Mouzo Trillo

- Socorro González Otero

- Xosé Lois Lado Martínez