As comarcas seguen a quentar motores cara á folga de mulleres do 8-M

A CIG celebrou asembleas e concentracións de delegadas na Coruña, Pontevedra e Vilagarcía
- 01 Mar 2018

» Accede aquí ao especial con toda a información sobre o 8 de Marzo

A folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo segue a quentar motores nas comarcas. A CIG celebrou hoxe asembleas de delegadas na Coruña e Pontevedra para coordinar a xornada e preparar as mobilizacións. No caso de Pontevedra, as participantes no encontro aproveitaron para desenvolver unha concentración na céntrica rúa Benito Corbal. En Vilagarcía tamén tivo lugar unha mobilización, aínda que o lugar escollido foi a sede do INSS, onde se repartiron folletos informativos chamando a secundar os paros laborais convocados pola CIG para esa xornada.