As centrais convocan dúas manifestacións para reclamar un convenio digno no siderometal ourensán

Terán lugar o martes 27 de xuño e o xoves 5 de xullo, concidindo coa folga no metal da Coruña

Ourense -

As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT decidiron finalmente convocar dúas manifestacións en Ourense para reclamar un convenio provincial digno para o sector do siderometal. A primeira das marchas, coas que pretenden presionar a patronal para que acceda a actualizar os salarios tras cinco anos de conxelación, terá lugar o vindeiro martes 27 de xuño dende a Casa Sindical ás 20:00 horas. Nos vindeiros días os sindicatos concretarán o horario no que se desenvolverá a prevista para o mércores 5 de xullo.

Estas mobilizacións coinciden coas dúas xornadas de folga convocadas no sector do metal da provincia da Coruña tamén en demanda dun convenio xusto.

 

>>NOVA RELACIONADA: O siderometal ourensán convoca protestas tras a ruptura das negociacións do convenio provincial

Volver