A VII Asemblea da CIG-Administración Autonómica elixe a Zeltia Burgos como responsábel nacional

Baixo o lema “Polos dereitos laborais e os servizos públicos. Pola dignidade na función pública”

Nacional -

O pasado sábado, día 26 de maio, tivo lugar a VII Asamblea Nacional do sector de Administración Autonómica da CIG, celebrada sob o lema “Polos dereitos laborais e os servizos públicos. Pola dignidade na función pública”. As e os delegados elixiron á nova dirección, a Zeltia Burgos como nova responsábel nacional e apostaron, tal e como reza o lema da asemblea, por sumar as forzas necesarias para enfrontar a loita pola recuperación dos dereitos roubados.

Para os distintos organismos presentáronse candidaturas de consenso. Deste xeito, pasan a conformar a nova Executiva Nacional:

- Roberto Varela Gestal

- Rosa Fernández Muñoz

- Sandra Rebolo López

- Marta Regueiro Abel

- Mar Peteira Cabana

- Uxío Zabala Iglesias

Entran a formar parte da Dirección Nacional da Autonómica:

- Fernando García

- Dina Porral

- Xoán González Canedo

- Rodolfo Docampo

- Alexandre Prieto

- Carme Viso

- Roberto Quiroga

- Luzdivina Rebollal

- José Manuel Caloto

- Hector López

- Mª José Blanco

- Socorro González

- Eduardo Freire

- Toño Fernández

- Anxo Anta

As compañeiras e compañeiros elixidos para formar parte da Dirección Nacional da federación:

- Cristina Terrón

- Pilar de Celis

- Nieves Somoza

- Uxio Zabala

- Mar Peteira

No decurso da Asemblea o secretario nacional saínte, Roberto Varela, foi o encargado de presentar o Informe de Xestión da Executiva, que foi aprobado polas delegadas e delegados asistentes.

Na súa intervención no acto de clausura da VII Asemblea, Zeltia Burgos, a primeira muller que asume o cargo de responsábel nacional do sector da Autonómica nunha executiva conformada ademais maioritariamente por mulleres, denunciou a campaña de desprestixio artellada contra as empregadas e empregados públicos para xustificar, so pretexto da crise, uns recortes sociais e salariais que despois se levaron tamén ao sector privado.

Unha campaña que, como lembrou, viu acompañada doutra para desprestixiar tamén a organizacións e representantes sindicais e de reformas como a da negociación colectiva, a lei de medidas do 2012 e a lei mordaza. Un panorama “de perda de dereitos e de represión que condiciona a mobilización e a loita e pola que derivamos cara un camiño de confinamento e atención individual”, advertiu.

En todo caso subliñou que foi a CIG “a única organización sindical que mantivo a súa capacidade combativa e de loita, marcando unha liña de acción e marcando o ritmo de traballo mesmo ás outras organizacións sindicais con representación no noso sector” e considerou que agora “estamos noutro momento no que as conciencias comezan a espertar, non se pode aguantar mais tempo e é hora de recuperar o perdido”.

Como exemplo puxo a folga de Xustiza que, ao seu entender, fixo espertar a “moitos colectivos da administración publica” e chamou a “reforzar o empoderamento da clase traballadora”.

Como obxectivo do sector puxo a “construción dun proxecto de recuperación de dereitos onde destaquen accións mobilizadoras e combativas” e apuntou a folga xeral do 19 de xuño como “o noso primeiro reto”.

O secretario nacional da CIG-Administración, Xavier Picón, foi o encargado de pechar a asemblea.

 

Volver