A pobreza en Galiza ten, máis que nunca, faciana de muller

A CIG conmemora o 8 de Marzo co lema 'Precarias' para denunciar as condicións laborais, salariais e de vida que padecen as traballadoras galegas

Compostela -

“Inactividade, desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial, economía somerxida e infrasalarios”. Así resumiu Margarida Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, a situación laboral que padecen a maioría das traballadoras galegas, na rolda de prensa de presentación do Informe sobre a “Situación Laboral das Mulleres en Galiza” en 2015 e da campaña arredor da que a CIG conmemorará este 8 de marzo, que se desenvolverá baixo o lema que “Precarias”.

E é que a crise non fixo máis que agravar a xa precaria situación laboral á que están sometidas, nunha porcentaxe moi elevada, as mulleres traballadoras en Galiza. Segundo explicou a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López, que compareceu xunto a Corral na rolda de prensa, desde o ano 2009, non só descendeu o número de mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia Tributaria (-28.974), senón que tamén descenderon os ingresos das que os perciben.

Aumenta o número de traballadoras pobres e diminúen os seus ingresos

De feito, hai menos mulleres asalariadas que no ano 2009 en todos os tramos de ingresos agás o máis baixo, até o punto de que o 20% do total de asalariadas ingresa menos da metade do SMI, isto é, que tiveron ingresos inferiores a 1.871€ ao ano.

Xunto a isto, un 16% de asalariadas tiveron uns ingresos de entre a metade e o SMI (entre 1.871 e 6.834 €), o que sumado ás anteriores dá como resultado que un 36% das mulleres asalariadas non acadaron uns ingresos equivalentes ao SMI.

Fronte a isto, no tramo oposto “hai menos ricas, pero con maiores ingresos”. Así, en 2009, había 955 mulleres con ingresos superiores a 10 veces o SMI e en 2014 eran só 607. As desigualdades incrementáronse neste período até o punto de que “unha muller do tramo de ingresos superior ingresa o mesmo que 72 mulleres do tramo inferior”.

Esta situación ten as súas causas nos cambios que se produciron nestes anos no mercado laboral.

Descende a actividade entre as mulleres máis novas

Desde o ano 2009 perderon o seu emprego 37.400 mulleres en conxunto, pero entre o tramo dos 25 aos 34 anos foron 42.200. Estímase que hai un total de 1.200 activas menos desde esa data. Porén, entre as menores de 35 anos hai 51.500 activas menos, o que implica que son os tramos máis altos de idade os que compensan esas cifras.

Ademais desde 2009 perdéronse 53.100 postos de traballo a xornada completa entre as mulleres e aumentaron en 15.800 os postos a xornada parcial. “Non só se destruíu emprego globalmente”, sinalou López Gromaz, responsábel do Gabinete de Economía da CIG, “senón que se produciron reestruturacións entre as ocupadas a favor das xornadas parciais”.

Xornadas que, por outra banda, non son voluntarias, xa que se en 2009 o 46% das mulleres con este tipo de xornada alegaban como motivo para optar por esta modalidade que non atopaban traballo a xornada completa, agora son o 66% as que alegan esta causa.

Só emprego temporal

Dos datos do Informe tírase ademais que en 2015 só se creou emprego temporal e, neste caso, os datos son especialmente rechamantes: asináronse ao longo do ano un total de 411.510 contratos iniciais a mulleres, pero só aumentou o emprego en 5.300 traballadoras, o que dá idea do tipo de contrato que tiveron. De feito, só o 4,9% deses contratos foron indefinidos e o resto baixo algunha modalidade de contratación temporal. O máis grave é que o 30,9% duraron menos de unha semana e os que duraron entre unha semana e un mes achegáronse ao 44,3%.

O traballo salienta ademais a elevada porcentaxe de mulleres con máis de dous anos no desemprego, o 43,3% do total, “o que as deixa fóra das prestacións contributivas por desemprego e nunha situación de desamparo social”, conclúe López Gromaz.

“PRECARIAS”

Margarida Corral atribuíu esta situación ás reformas laborais, ás fiscais –que incrementaron as desigualdades- e aos recortes sociais. Lembrou que a feminización da pobreza non é un fenómeno novo e denunciou que, en todo caso, “nos últimos anos, a proporción de mulleres entre a poboación pobre medrou”.

Para Corral, “este feito contribúe a un crecente empobrecemento material das mulleres, a un empeoramento das súas condicións de vida e á vulneración dos seus dereitos fundamentais que marca o presente, máis tamén o seu futuro”.

Diante desta situación, a secretaria das Mulleres da CIG considerou fundamental que a CIG estea na rúa denunciando esta situación e anunciou que, este ano para a xornada de loita que todos os 8 de marzo convoca a CIG escolléronse as tendas do grupo Inditex porque a meirande parte do seu persoal “son mulleres, con contratos a tempo parcial, que traballan a un elevado ritmo de traballo, con grande rotación, salarios baixos, ás clase se lles dificulta a conciliación, mentres as empresas conseguen millonarios beneficios a costa da explotación das traballadoras”.

Nesta situación situou tamén ás traballadoras de venda, ás que denunciou que se lles exixe ter boa presenza e sofren discriminacións por razón de idade, xa que, afirmou, “a media de idade é de 28 anos e agochan ás de máis de 40 nos almacéns, ou prexubilan ás de máis de 50.

Corral non esqueceu tampouco ás traballadoras dos centros loxísticos, que “teñen que facer horas extra para poder sacar nunha xornada de traballo a cantidade de prendas marcadas polos ritmos de robotización”; nin ás que son explotadas por estas mesmas empresas nos países pobres, nas fábricas de confección de roupa.

Concentracións

A CIG convoca ás 12:00 horas do 8 de marzo concentracións simultáneas que terán lugar en:

A CORUÑA: na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home

FERROL: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón

SANTIAGO: diante do Zara na Praza de Galiza

VIGO: diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz

LUGO: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo

PONTEVEDRA: na Praza 8 de marzo

OURENSE: diante do Gadis da Rúa do Concello

 

INFORME: “SITUACIÓN LABORAL DAS MULLERES EN GALIZA (ANO 2015)”

 

PRECARIAS

A crise, as reformas laborais implantadas ao seu abeiro e que deterioraron os dereitos laborais, as reformas fiscais que incrementaron directamente as desigualdades, a redución da capacidade distributiva do sector público, etc., fixeron agromar unha nova figura laboral -xa case esquecida- que se vén coñecendo como “pobre laboral”, un traballador ou traballadora con emprego pero cuxos ingresos non lle permiten superar a liña de pobreza.

Desde que esta nova realidade socioeconómica se instalou, para as persoas traballadoras que accederon ao mercado de traballo nos últimos anos, é máis fácil seguir sendo pobre, a pesar de ter un traballo, que o contrario. Tamén os traballadores e traballadoras que se manteñen no posto de traballo viron reducidos, na maioría dos casos, os seus ingresos: baixada ou conxelación salarial, a inflación que minguou o poder adquisitivo, intensificouse o traballo…

Xunto a isto reduciuse a capacidade distributiva do Estado, por mor dunha política fiscal, regresiva, que minguou os ingresos do Estado e contribuíu a incrementar as desigualdades, xa que ao reducírense os ingresos -para “cumprir con Bruxelas”- reducíronse os gastos, fundamentalmente os gastos sociais.

Así, reduciuse o gasto en sanidade (menos persoal, privatizacións de determinados servizos, copagamento farmacéutico..); reducíronse as prestacións por desemprego, empobrecendo aínda máis os parados e paradas; diminuíron as axudas a dependencia, etc. Paralelamente a isto, incrementouse abusivamente o prezo de determinados bens e servizos como os enerxéticos, medicamentos, alimentos…, o que levou a un empobrecemento xeneralizado da maioría poboación, pero nomeadamente dos estratos socias máis desfavorecidos, como persoas pensionistas, migrantes, sen emprego e, moi especialmente, as mulleres.

A redución do gasto social leva a un empobrecemento da poboación e a un medre das desigualdades. O FMI estima que o gasto público corrixe nun terzo as desigualdades que crea o mercado. Isto, sen esquecer que a maior desigualdade e pobreza a provoca o desemprego.

Se antes da crise -ano 2007/2008- se dicía que a pobreza tiña cara de muller, hoxe, logo desta longa travesía de destrución de emprego, redución de salarios, perda de poder adquisitivo, de dereitos laborais, recortes nas axudas públicas…, a pobreza estendeuse a máis capas da sociedade, e acuñouse o termo “pobre laboral” que acolle tanto a homes como a mulleres. Porén, estas novas pobres véñense a sumar ás xa existentes, polo que a faciana da pobreza cada vez está máis feminizada. A comezar, por unha menor participación das mulleres no mercado de traballo, pois a taxa de actividade das mulleres situouse de media no ano 2015 no 48,7%, 10 puntos menos que a dos homes, que para as mesmas datas andou polo 58,6%.

Menor participación no mercado de traballo, no caso das mulleres, implica maior dedicación a traballo non remunerado, como é o coidado da casa e dependentes. A situación destas mulleres neste período deteriorouse, especialmente das que coidan de dependentes polas reducións das axudas destinadas a este fin.

Logo das inactivas, situamos as activas pero paradas. Así, a taxa de paro feminina acadou no ano 2015 o 20% das mulleres activas (18,7% no caso dos homes); tamén neste caso a crise acurtou as diferenzas. Foron 120.000 mulleres no ano 2015 as que de media non tiveron un emprego, a meirande parte delas sen ningún tipo de cobertura por desemprego. Non dispomos dos datos para Galiza, desagregados por sexo, das taxas de cobertura do desemprego, pero os da media do Estado poden servir como referencia. Nos devanditos datos constátase que as mulleres teñen un nivel de protección máis baixo e de peor calidade que os homes. De feito, a taxa de cobertura é 6 puntos inferior á dos homes (55,7% fronte a 61,7%) e a prestación contributiva que reciben as mulleres é un 19% inferior á dos homes.

Despois, están as ocupadas, e aquí a pobreza tamén é cada vez máis evidente. Para demostralo, ímonos servir dos datos da Axencia Tributaria; sen dúbida, a información máis exhaustiva dispoñíbel, xa que recolle os datos de todas as mulleres polas que, durante o ano, declararon ingresos á facenda.

Distribúense as asalariadas en tramos de salario en relación ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), e para cada tramos de ingresos, o número de asalariadas que acolle, así como o Salario Medio Anual (SMA) percibido.

Os datos do ano 2009, xunto coa foto fixa do último ano, permítennos analizar a evolución neste período.

 

 

 

 

 

 

2009

2013

2014

14/09

Tramos de salario

Asalariadas

S MA

Asalariadas

S MA

Asalariadas

S MA

Asalariadas

SM

Total

479.849

15.594

447.647

15.383

450.875

15.414

-28.974

-180

De 0 a 0,5 SMI

86.771

1.898

92.839

1.861

93.496

1.871

6.725

-27

De 0,5 a 1 SMI

73.964

6.607

68.045

6.825

68.988

6.834

-4.976

227

De 1 a 1,5 SMI

89.738

11.036

75.341

11.449

74.842

11.402

-14.896

366

De 1,5 a 2 SMI

74.064

15.042

69.611

15.657

70.211

15.656

-3.853

614

De 2 a 2,5 SMI

45.239

19.539

43.629

20.172

44.041

20.178

-1.198

639

De 2,5 a 3 SMI

30.265

23.813

28.038

24.770

27.903

24.761

-2.362

948

De 3 a 3,5 SMI

20.517

28.355

22.118

29.264

22.578

29.270

2.061

915

De 3,5 a 4 SMI

16.301

32.651

16.194

33.787

16.305

33.762

4

1.111

De 4 a 4,5 SMI

14.575

37.120

13.594

38.118

13.662

38.147

-913

1.027

De 4,5 a 5 SMI

11.932

41.281

5.937

42.569

6.174

42.567

-5.758

1.286

De 5 a 7,5 SMI

12.547

50.941

9.724

53.562

9.989

53.581

-2.558

2.640

De 7,5 a 10 SMI

2.980

74.191

1.976

75.771

2.078

75.879

-902

1.688

Máis de 10 SMI

955

117.678

601

143.287

607

136.754

-348

19.076

Asalariadas e salarios medios anuais.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria.

 

Desde o ano 2009, ano a partir do cal comeza a notarse no mercado de traballo os efectos máis devastadores da crise (e que curiosamente en Galiza coincide coa chegada o goberno do equipo de Feijoo), as mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia Tributaria descendeu un 6% -28.974 mulleres menos-. Os ingresos destas mulleres tamén descenderon; de media, ingresaron 180 euros menos ao ano, unha caída do 1,15%, mais con diferenzas segundo no tramo de ingresos no que nos situemos. Só aumentaron as asalariadas no tramo de menores ingresos, e foi neste no único onde descendeu o SMA.

En maior ou menor medida hai menos mulleres asalariadas que no ano 2009 en todos os tramos de ingresos salvo no primeiro -as de ingresos inferiores a metade do SMI-, tramo no que declararon á Axencia Tributaria 6.725 mulleres máis, chegando ás 93.496 mulleres -o 20% do total-, cuxos ingresos foron inferiores aos 1.871 euros ao ano. Unha cantidade, así mesmo, inferior ao ano 2009, no que este grupo ingresara un SMA de 1.898€. No ano 2009 este grupo representaba o 17,9% do total.

Hai menos ricas, pero con maiores ingresos; e hai máis pobres e con menores ingresos. Concretamente no ano 2009 había 955 mulleres con ingresos superiores a 10 veces o SMI; en 2014, 607 (un 36,4% equivalente a 348 asalariadas menos), pero cuns ingresos un 16% superiores (19.076 euros máis, alcanzando os 136.754 € ao ano). Na outra cara da moeda están as de menores ingresos. En 2009 eran 86.771 as mulleres cuxos ingresos non acadaban a metade do SMI; en 2014, hai 6.725 máis, alcanzando as 93.496. E os ingresos destas mulleres descenderon en 27 euros, quedando de media en 1.871€ ao ano. Así, unha muller do tramo de ingresos superior ingresa o mesmo que 73 mulleres do tramo inferior.

No seguinte tramo, están as asalariadas cuxos ingresos se situaron entre a metade e o SMI (entre 1.871 e 6.834 euros). Son apenas o 16% do total. Así, sumadas ás anteriores, temos que o 36% das mulleres asalariadas non acadaron uns ingresos equivalentes ao SMI no ano 2014. No ano 2009, supuñan o 33,5%.

Aínda que non é necesario facer comparanza cos homes para amosar a forte precarización salarial que estamos padecendo, se o facemos -se comparamos cos homes-, a realidade aínda é máis amarga. Mantense a fenda salarial por volta do 22% de media (4.432 euros ao ano de media). E isto non só por causa duns menores ingresos medios, senón pola maior presenza das mulleres nos grupos de menores ingresos. Só un exemplo; entre as persoas traballadoras con ingresos salariais anuais inferiores á metade do SMI, o 53% son mulleres. Entre as que ingresan máis de 10 veces o SMI, as mulleres apenas representan o 15%.

Son moitos os factores que explican estas diferenzas, algúns claramente identificábeis na análise do mercado de traballo.

Comezando polas principais variábeis básicas, e comparando co ano 2009, temos unha primeira imaxe da realidade laboral das mulleres.

Principais variábeis. Datos en miles.

Mulleres

Variación

2009/IV

2014

2015

15/14

15/09

Galiza

Total

1.255,30

1.234,40

1.229,20

-5,20

-26,10

Activas

600,3

605

599,1

-5,90

-1,20

Poboación ocupada

516,4

473,7

479

5,30

-37,40

Poboación parada

84

131,2

120

-11,20

36,00

Poboación inactiva

655

629,5

630,1

0,60

-24,90

Fonte: EPA.IGE.

Ao contrario que entre os homes, no caso das mulleres a crise serviu como “dinamizadora” laboral. A medida que os homes ían abandonando o mercado de traballo, as mulleres incorporábanse. De feito, até este último ano a poboación activa feminina aumentaba, mentres a masculina descendía ano tras ano. O contrario ocorría cos poboación inactiva; a masculina aumentaba mentres a feminina descendía. Noutros informes xa temos analizado este feito, concluíndo que a falta ou redución de ingresos, ao quedar o varón sen emprego, foi o que levou a moitas mulleres a saír a busca dun traballo. No ano 2015, esta tendencia freouse e descendeu o número de activas e medrou o de inactivas. Así, a taxa de actividade feminina sitúase no 48,7%, 10 puntos por debaixo da masculina. No ano 2009, esta diferenza era de 14 puntos.

 

 

      Novo descenso da actividade entre as mulleres máis novas.

Ao desagregarmos a poboación activa feminina por grupos de idade, vemos unha realidade moito máis preocupante da que se pode extraer dos números globais, xa que a perda de activas se produciu unicamente entre as máis novas.

Mulleres activas por grupos de idade.

Mulleres

Variación

2009/IV

2014

2015

15/14

15/09

Total

600,3

605

599,1

-5,90

-1,20

de 16 a 19 anos

4,1

3,9

3,2

-0,70

-0,90

de 20 a 24 anos

39,5

28,6

26,7

-1,90

-12,80

de 25 a 29 anos

76,1

59,4

55,3

-4,10

-20,80

de 30 a 34 anos

94,6

81,4

77,6

-3,80

-17,00

de 35 a 39 anos

88,5

97,3

95

-2,30

6,50

de 40 a 44 anos

84,1

90,6

90,7

0,10

6,60

de 45 a 49 anos

74,7

83,7

83,1

-0,60

8,40

de 50 a 54 anos

61

70,7

70,4

-0,30

9,40

de 55 a 59 anos

43,3

54,2

57,4

3,20

14,10

de 60 a 64 anos

27,9

30,6

34,6

4,00

6,70

de 65 e máis anos

6,6

4,5

5,2

0,70

-1,40

Fonte: EPA.IGE.

No último ano, globalmente descendeu a poboación activa feminina en 5.900 mulleres, pero con evolucións moi distintas segundo as idades. Así, o descenso afectou, novamente, ás menores de 35 anos entre as cales se estiman 10.500 activas menos. A partir desta idade aumenta, sobre todo a partir dos 55 anos.

Se nos retrotraemos a 2009, vemos que, a pesar de que en conxunto só se estiman 1.200 activas menos, entre as menores de 35 anos hai 51.500 menos, e a partir desta idade aumentan considerabelmente até compensar, practicamente, o descenso das máis novas.

 

 

      Continúa a perda de ocupación entre as mulleres máis novas.

Mulleres ocupadas. Datos en miles.

Mulleres

Variación

2009/IV

2014

2015

15/14

15/09

Total

516,4

473,7

479

5,30

-37,40

De 16 a 24 anos

28,7

16,9

17,7

0,80

-11,00

De 25 a 34 anos

142

104,2

99,6

-4,60

-42,40

De 35 a 44 anos

152,1

147,7

149,2

1,50

-2,90

De 45 a 54 anos

121,3

127,5

127,1

-0,40

5,80

De 55 e máis anos

72,4

77,4

85,5

8,10

13,10

Fonte: EPA.IGE.

Nin habendo menos mulleres no mercado de traballo se consegue acadar un nivel de ocupación aceptábel. No último ano foron 5.300 as mulleres que accederon a un posto de traballo novo. Se comparamos co ano 2009, son 37.400 as mulleres que perderon o emprego.

Un ano máis entre as de menor idade continúase destruíndo emprego. En 2015, só entre as mulleres de 25 a 34 anos se perderon 4.600 postos de traballo. E van 42.200 perdidos desde o ano 2009 unicamente neste grupo de idade.

Non só se reduciu emprego neste período, desde o ano 2009, senón que ao mesmo tempo se produciu unha reestruturación interna entre as mulleres ocupadas: perdéronse empregos a xornada completa e incrementáronse a xornada parcial, medrou o número de asalariadas con contratos temporais en detrimento de indefinidas, reduciuse o tempo medio dos contratos, etc.

 

      O 23,1% das ocupadas, traballan a xornada parcial.

 

Ocupadas segundo tipo de xornada.

Mulleres

Variación

2009/IV

2014

2015

15/14

15-set

Total

516,4

473,7

479

5,30

-37,40

Completa

421,3

366,7

368,2

1,50

-53,10

Parcial

95

107

110,8

3,80

15,80

Fonte: EPA.IGE.

Desde o ano 2009, perdéronse 53.100 postos de traballo a xornada completa entre as mulleres e aumentou en 15.800 os postos a xornada parcial. Vemos como non só se destruíu emprego globalmente, senón que se produciron reestruturacións entre as ocupadas a favor das xornadas parciais.

No último ano, dos 5.300 novos postos de traballo apenas 1.500 foron a xornada completa; o resto, a tempo parcial. Así, xa superou o 23% a porcentaxe de mulleres que traballan a tempo parcial; concretamente, 1 de cada 5 no ano 2015.

Este forte incremento da ocupación parcial non foi voluntaria. No ano 2009 das mulleres con xornada parcial, o 46% alegaba como motivo non atopar un posto de traballo a xornada completa; hoxe, no ano 2015, son o 66% as que alegan este motivo.

Con todo, ás xornadas parciais, temos que engadir a temporalidade do posto de traballo.

      Durante 2015 só se creou emprego temporal.

 

 Mulleres asalariadas segundo tipo de contrato.

Mulleres

Variación

2009/IV

2014

2015

15/14

15-set

Total

412,7

387,9

394,3

6,40

-18,40

De duración indefinida

296,4

295,9

288,6

-7,30

-7,80

Temporal

116,4

92,1

105,6

13,50

-10,80

Taxa de temporalidade

28,2

23,7

26,8

Fonte: EPA.IGE.

Durante 2015, cando medrou o emprego asalariado entre as mulleres en 6.400 postos de traballo, estímase que se reduciu o número de asalariadas con contrato indefinido en 7.300, e que aumentou o de temporais en 13.500 asalariadas.

Esta tendencia produciu un incremento da taxa de temporalidade feminina de 3 puntos en apenas un ano, situándose de media no ano 2015 no 26,8%.

Foron 105.600 as mulleres con contrato temporal de media no último ano (92.100 no ano 2014), as cales se repartiron 391.300 contratos, o que nos dá unha media de 3,7 contratos por asalariada e ano. O que se produce, por tanto, é unha forte rotación do emprego debido á escasa duración dos contratos.

 

      O 30,9% dos contratos temporais, a mulleres, duraron menos dunha semana.

 

Xornadas parciais, contratos temporais e de escasa duración, tal e como amosan os datos seguintes.

Contratos a mulleres segundo duración do contrato. Ano 2015.

% total

Total

411.510

Indefinidos

20.180

4,9

Temporais

391.330

95,1

 Menos de 1 semana

120.812

30,9

 De 1 semana a 1 mes

52.284

13,4

 De 1 a 6 meses

77.786

19,9

 De 6 meses a 1 ano

12.831

3,3

 Máis de 1 ano

1.097

0,3

 Indeterminado

126.520

32,3

FONTE: SEPE.

O primeiro que chama a atención é o elevado número de contratos que se rexistraron, entre mulleres, no ano 2015: 411.510 contratos iniciais. Hai que lembrar que só aumentou o emprego en 5.300 traballadoras, o que inicialmente xa nos indica o tipo de contratos a que estiveron sometidas.

Dos contratos iniciais, apenas o 4,9% foron de carácter indefinido. Polo tanto, o 95,1% dos contratos fíxose baixo algunha das modalidades de contratación temporal vixente, pero o máis grave é a escasa duración destes contratos: o 30,9% duraron menos dunha semana. E se engadimos os que duraron entre unha semana e un mes, temos que o 44,3% dos contratos non chegaron ao mes de duración.

Este forte incremento na contratación estivo acompañado dun aumento das asalariadas con contrato temporal en detrimento das indefinidas, o que levou a un incremento da taxa de temporalidade, como comentamos anteriormente.

Entre xornadas parciais, contratos temporais e de escasa duración conseguiuse, en termos estatísticos, elevar lixeiramente a ocupación feminina (5.300 empregos). Este feito, xunto co descenso das activas (moitas por emigración), logrou reducir o desemprego e a taxa de paro.

 

      O paro alcanza o 20% das mulleres activas.

 

A taxa de paro de paro reduciuse 1,7 puntos durante o ano 2015

 

Total

2009/IV

2014

2015

Total

12,8

21,7

19,3

Homes

11,8

21,6

18,7

Mulleres

14

21,7

20

Fonte: EPA.IGE.

 

      O 41,8% das desempregadas levan máis de 2 anos nesta situación.

Paradas segundo tempo a procura de emprego. Datos en miles.

Mulleres

Variación

2009/IV

2014

2015

15/14

15/09

Total

84

131,2

120

-11,2

36

Menos de 1 mes

5,5

5,9

4,8

-1,1

-0,7

De 1 a < 3 meses

14,5

12,8

12,1

-0,7

-2,4

De 3 a < 6 meses

11,4

11,5

10,5

-1

-0,9

De 6 meses a < 1 ano

14,1

18,1

14,8

-3,3

0,7

De 1 ano a < 1 ano e medio

12,5

12,6

10,3

-2,3

-2,2

De 1 ano e medio a < 2 anos

5,9

12,9

10,9

-2

5

Dous ou mais anos

15

50,8

50,2

-0,6

35,2

Xa atopou traballo

5

6,7

6,4

-0,3

1,4

Fonte: EPA.IGE.

Estímase que no último ano descendeu o paro entre as mulleres, concretamente en 11.200 desempregadas menos. O descenso do desemprego duplica o incremento do emprego, o que demostra que unha parte moi importante deste descenso é debida á saída do mercado de traballo non por atopar un emprego; unha maior inactividade e a emigración explican esta “anormalidade”.

Convén, así mesmo, sinalar a elevada porcentaxe de mulleres con máis de dous anos sen emprego, 43,3% do total, o que deixa estas mulleres fóra das prestacións contributiva por desemprego e nunha situación de desamparo social.

En resumo, a crise non fixo máis que agravar a xa precaria situación laboral a que están sometidas unha porcentaxe moi elevada das mulleres traballadoras en Galiza. Así, desde o ano 2009 incrementouse a porcentaxe de mulleres con xornadas parciais, con contratos temporais, con contratos de escasa duración, etc., empeorando non só as condicións físicas laborais senón tamén as salariais. Proba disto é a inxente cantidade de mulleres que non chegan a percibir o Salario Mínimo Interprofesional ao ano.

Se a estas traballadoras (162.484) cuxos ingresos son inferiores ao SMI engadimos as 120.000 paradas, xa serían preto de 300.000 as mulleres cuxos ingresos dificilmente lles poden permitir vivir dignamente, e estamos falando de preto do 50% das mulleres en activo en Galiza. A isto, cumpriría en engadir (como dicíamos ao principio deste documento) a redución do gasto social, o incremento dos prezos, etc., factores que inciden directamente na situación económica destas traballadoras. Esta realidade socioeconómica da muller traballadora en Galiza foi o que levou a CIG a dedicar ás PRECARIAS o próximo 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora.

Volver