A Mariña berra: "somos unha área sanitaria"

Burela -

Como cada mércores, persoal sanitario e usuarios e usuarias da sanidade pública da Mariña, volvéronse concentrar diante do Hospital da Costa e dos centros de saúde da comarca para esixir a retirada do anteproxecto de lei "que pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria". Dende a Xunta de Persoal reclaman capacidade de xestión dende a comarca, para deste xeito "ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade".

A modificación da Lei de Saúde formulada polo PP, denuncian, o que prentende "é legalizar a mobilidade de profesionais cara o HULA e centralizar no gran hospital as intervencións cirúrxicas e as probas diagnósticas". Rexeitan "enerxicamente" pertencer a Área Sanitaria de Lugo, xa que iso significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos da cidadanía da Mariña cara Lugo.

"A Mariña precisa ser un área propia con decisión propia tal e como o é a Comarca do Ferrol", sentenzan.

O órgano de representación das traballadoras e traballadores entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.

Volver