A folga das TCAE do Álvaro Cunqueiro de Vigo quenta motores co apoio de todos os colectivos profesionais do hospital

Centos de empregados/as do centro sanitario mobilizáronse este martes en solidariedade coa loita das auxiliares de enfermaría

Vigo -

Traballadores/as pertencentes a todos os colectivos profesionais do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo participaron este martes na mobilización convocada pola comisión de centro en apoio da loita das Técnicos/as en Coidados Auxiliares/as de Enfermaría (TCAE) para rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI de obrigalas/os a asumir o traslado das bolsas da roupa sucia, función que até o de agora realizaba a concesionaria. O colectivo de TCAE ten convocadas catro xornadas de folga para os vindeiros días 18, 21, 25 e 28 de xuño. [GALERÍA DE IMAXES NO INTERIOR]

Volver