A CIG volveu ganar e revalidou a maioría no comité de XEAL ao lograr seis delegados/as dos/as 13 que se elixían nas eleccións sindicais celebradas no día de onte nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas. As candidaturas da central nacionalista obtiveron o 52,99% dos votos emitidos, mantendo a mesma representación que no anterior proceso a pesar de presentarse unha candidatura máis e do descenso do cadro de persoal.
Os resultados globais das eleccións son os que seguen:
|
|
Votos
|
Delegados/as
|
%
|
|
CIG
|
124
|
6
|
52,99%
|
|
USO
|
47
|
3
|
20,08%
|
|
UGT
|
39
|
2
|
16,66%
|
|
CGT
|
24
|
2
|
10,25%
|
A CIG salienta a elevadísima participación nestas eleccións, xa que o 100% do cadro de persoal acudiu a votar, e agradece a confianza depositada polas traballadoras e os traballadores nas súas candidaturas. Os delegados da CIG trasladan o seu compromiso na loita pola defensa dos dereitos laborais e polo mantemento dos empregos e da actividade industrial nas fábricas en cumprimento da cláusula concesional e as sentenzas que a avalan.
Neste camiño, subliñan que queda por diante unha dura loita ante as incertezas xeradas pola venda do complexo industrial-enérxitico a un novo grupo empresarial, Energo-Pro, e que a sección sindical da CIG porá en marcha todas as medidas sindicais e legais necesarias para garantir o futuro das fábricas e dos postos de traballo, así como a recuperación dos dereitos roubados.