A CIG solidarízase con Nacho Fuster e coa sección sindical de CSI en Vauste Xixón

Denuncia a persecución que sofren por parte do fondo de investimento Quantum Capital Partners

Internacional -

A CIG, xunto con diversas organizacións sindicais do Estado español, vén de asinar un manifesto en solidaridade con Nacho Fuster, secretario da Corrente Sindical de Esquerda e coa sección sindical de CSI en Vauste Xixón (antigua Tenneco) ante la persecución por parte de Quantum Capital Partners, fondo de investimentos propietario da empresa.

A finais de marzo de 2016, o fondo de investimento Quantum Capital Partners adquiriu o 100% da factoría de Tenneco en Xixón, que pasou a denominarse Vauste Spain SL.

Malia as súas supostas boas intencións acerca do futuro a medio e longo prazo da fábrica de Xixón manifestadas polos responsables do devandito fondo, o sucedido desde a adquisición deixa moi en dúbida calquera compromiso por parte de Quantum Capital Partners, fondo dos denominados voitre, cuxo único interese é conseguir rendibilidade a curto prazo para os seus investimentos, a base de comprar e vender empresas, sen que a conservación dos postos de traballo teña o máis mínimo peso nas súas decisións.

Desde un principio, a CSI (sindicato máis votado na factoría nas eleccións realizadas despois da exitosa loita de todo o persoal contra o peche de Tenneco) esixiu un plan de futuro real que garanta os postos de traballo en Vauste, máis aló das declaracións sen compromiso real algún que non deixan de ser meras accións de propaganda que, coa experiencia pasada en Tenneco, non poden ser cridas polos traballadores se, no día a día, non se concretan en investimentos concretos e en actuacións verificables que despexen as moitas incertezas expostas acerca das intencións reais de Quantum Capital Partners.

Esta actitude da CSI supúxolle unha persecución intolerable por parte dos directivos deste fondo voitre, que no seu intento de criminalizar aos afiliados do sindicato en Vauste, chegaron, por mor das denuncias efectuadas ante Inspección de Traballo, a cualificalos como yihadistas e a comparalos co terrorista suicida de Manchester.

Nas últimas semanas, elevouse o ton desta persecución empresarial aos compañeiros da CSI coa sanción de 7 días de emprego e soldo a 5 traballadores por participar nun paro contra a persecución a Nacho Fuster, secretario da sección sindical de CSI en Vauste e secretario xeral da CSI, e a apertura de senllos expedientes sancionadores por faltas moi graves ao propio Nacho e a outro delgado da CSI en Vauste, que poderían derivar en sancións extremas como o despedimento.

Ante esta situación, os sindicatos

Manifestamos a nosa máis absoluta solidariedade con Nacho Fuster e o resto dos compañeiros da CSI de Vauste represaliados por exercer as súas obrigas como sindicalistas nuns casos e por ser solidarios ante a persecución por parte de Quantum Capital Partners nos outros.

Rexietamos este tipo de estratexias represivas que pretenden acalar da forma que sexa aos traballadores e ás organizacións sindicais que se negan a ser cómplices do desmantelamento das súas fábricas e denunciamos a intolerable falta de respecto aos dereitos dos traballadores por parte de Quantum Capital Partners respecto á CSI de Vauste e para esixir o cese desta campaña de acoso e represión contra os nosos compañeiros.

Volver