A CIG solidarízase co despedido da empresa ourensá Cumegal denunciado por repartir panfletos contra a represión sindical

O secretario comarcal de Industria acompañou o afectado na súa comparecencia no Xulgado

Vigo -

A CIG amosou hoxe a súa solidariedade co traballador despedido da empresa Cumegal de Ourense por terse presentado ás eleccións sindicais na candidatura da central e que agora vén de ser denunciado polo empresario por repartir panfletos contra a represión sindical. O secretario comarcal da federación de Industria, Indalecio Gómez, acompañou o afectado na súa comparecencia desta mañá nos Xulgados do Carballiño.

Dende a central consideran inadmisíbel a criminalización da acción sindical por parte do propietario da empresa Cumegal e denuncian que “non contento con telo despedido por concorrer ás eleccións sindicais na lista da CIG, agora atopámonos con que foi denunciado ante a Garda Civil do Carballiño por ter repartido panfletos rexeitando a represión sindical á que foi sometido”.

Diante disto, a CIG-Industria de Ourense critica a actitude do dono da compañía e manifesta a súa solidariedade do traballador represaliado. Este apoio da central foi explicitado hoxe mesmo durante a comparecencia xudicial do acusado, na que estivo presente o secretario comarcal da federación, Indalecio Gómez.

Volver