A CIG sitúase como a forza máis votada nas eleccións sindicais celebradas en Faurecia Asientos de Galicia

A central duplicou a súa representación ao pasar de dous a catro delegados/as no comité da compañía de automoción viguesa

Vigo -

A CIG-Industria foi o sindicato máis votado nas eleccións que se veñen de celebrar en Faurecia Asientos de Galicia, compañía do sector da automoción con sede no polígono vigués de Valadares. A central duplicou a súa representación ao pasar de dous a catro delegados/as no comité de empresa.

Unha vez rematado o proceso electoral, o comité de empresa de Faurecia Asientos de Galicia estará formado por catro representantes da CIG, tres da UGT, dous de CCOO, dous da CGT, un da CUT e un da CSIF.

Por colexios, a CIG logrou os seus catro delegados/as no de especialistas e non cualificados/as ao sumar 111 votos; CCOO fíxose con dous representantes grazas aos 56 votos colleitados, a mesma cifra que obtivo a CGT; a UGT logrou 29 apoios e un representante; a CUT conseguiu 21 votos e un representante; e a CSIF fíxose cun representante ao sumar 20 votos.

En técnicos e administrativos, a UGT foi o sindicato maioritario con 37 votos e dous representantes, mentres que CCOO queda sen representación ao lograr unicamente oito votos.

Dende a central nacionalista agradecen o maioritario apoio recibido por parte do conxunto do cadro de persoal, que sitúa a CIG como o principal sindicato na compañía viguesa do sector da automoción. A central logrou dobrar a súa representación, pasando de dous a catro delegados/as no comité de empresa.

Volver