A CIG-Saúde valora positivamente os resultados acadados nas eleccións sindicais nas fundacións e empresas públicas de Sanidade

A federación sobe de 11 a 16 o número de delegadas e delegados

Compostela -

A CIG-Saúde vén de valorar “positivamente” os resultados acadados nas eleccións sindicais celebradas este xoves nas fundacións e empresas públicas dependentes da consellaría de Sanidade. A secretaria nacional, María Xosé Abuín afirma ao respecto que “seguimos sendo un referente para estas traballadoras e traballadores, que consideran á central sindical como a mellor ferramenta para a defensa dos seus dereitos laborais, como así o vimos demostrando ao longo de todos estes anos”.

Abuín explica que desde o ano 2000 a CIG impulsou o primeiro convenio colectivo para estas traballadoras e traballadores, que permitiu acadar así a súa estatutarización para que este persoal tivese os mesmos dereitos laborais e retributivos que o resto do persoal do SERGAS.

Con todo considera que queda aínda moito traballo por facer “até que se consiga a reversión destas fundacións ao sistema sanitario público, como así se conseguiu na época do bipartito que os hospitais de Cee, Barbanza e Verín reverteran ao Sergas”.

Dos resultados, case definitivos, tírase que a CIG é o sindicato que máis medra, incrementando a súa representación en 5 delegados/as, ao pasar dos 11 que tiña en 2011 a 16 nestas últimas eleccións sindicais.

 TÁBOA DE RESULTADOS

 

CIG

CCOO

UGT

CESM-OMEGA

SATSE

CSIF

USO

2016

16

17

7

5

 

3

2

2011

11

14

10

2

4

5

2

Volver