A CIG rexeita o preacordo de convenio do metal de Pontevedra porque “había forza para conquistar moito máis”
O pactado este venres por CCOO e UGT coa patronal non atende as principais reclamacións do sector que motivaron as convocatorias de folga
Vigo/Pontevedra - 15 Mai 2026
A CIG-Industria denuncia que a sinatura este venres 15 de maio dun pre acordo de convenio provincial do metal de Pontevedra entre CCOO e UGT e as patronais “trai z oa” o que as persoas traballadoras do sector defenderon durante as tres recentes xornadas de folga. “Despois dunha mobilización histórica, o pactado non está á altura e constitúe un desprezo ás persoas traballadoras que defenderon na rúa a oportunidade de avanzar en dereitos”, lamentan dende a central sindical .
Despois dunha mobilización histórica, o pactado non está á altura e constitúe un desprezo ás persoas traballadoras
A resposta nas fábricas, nos talleres, nos estaleiros foi contundente, e as distintas manifestacións fo ron masiva s . “A folga foi un éxito e expresou o berro do sector . Había forza para conquistar moito máis. Pero o preacordo non responde ao que se reclamou nas rúas nin ao esforzo colectivo realizado durante días de folga e de mobilizacións” .
O preaocordo establece un convenio para catro anos, “ c atro anos perdidos nos que non teremos oportunidade de recuperar o que pelexamos nestes días nin de volver discutir cuestións fundamentais”. Despois dunhas xornadas de folga “ que foron un éxito absoluto” a patronal consegue estabilidade e paz social, “mentres as persoas traballadoras seguimos asumindo perdas, precariedade e incerteza” .
En consecuencia, a CIG-Industria convoca asembleas de persoas traballadoras o luns 18 ás 18: 00 horas na que se analizará en detalle o contido do preacordo e se adoptarán decisións a respecto das xornadas de folga convocadas .
Principais eivas do preacordo de convenio
Non garante unha revisión salarial ligada ao IPC durante os catro anos, o que significa abrir a porta a seguir perdendo poder adquisitivo. A suba salarial para os catro anos é do 5%, 4%, 3% e 3% respectivamente, sen mecanismos de revisión salarial agás no 2026 (ano no que hai a maior suba), topando nun 2,5% a revisión nos últimos 3 anos.
Non se establece a subrogación, xa que só afecta a empresas de telecomunicacións e eólicas con máis de 50 persoas traballadoras, o que a efectos prácticos non vai ter aplicación.
Non se recolle ningunha proposta efectiva que faga que as persoas traballadoras poidan xubilarse anticipadamente, unha reivindicación dun sector moi castigado polo esforzo físico.
Non hai xornada continua para os catro meses de verán, só no mes de xullo.
A redución de xornada de 8 horas é totalmente insuficiente e non vai ter efectos en 2026.
Segue a 'lei da selva' co persoal con contrato fixo descontinuo.
Non se poñen límites á subcontratación, mantendo as mesmas condicións de precariedade que tiñamos antes de empezar a negociar o convenio. Seguimos sen estabilidade no emprego para as persoas máis explotadas.
Aseguran un suposto gañado grazas á loita hai xa 20 anos e déixanse os talleres sen dereito ao plus e sen o segundo suposto para todo o sector.
Ofrecen unha suba insignificante de 8 euros ao mes para os oficiais de primeira nos últimos dous anos de convenio.