A CIG-Repsol concéntranse para pedir máis medidas de seguridade e mellor mantemento na refinería

Reclaman á comisión de investigación do último accidente unha actuación "que sirva para depurar responsabilidades e corrixir deficiencias"

A Coruña -

Persoal de Repsol concentrouse este luns diante da refinería da Coruña en demanda de máis inversión en mantemento e maiores medidas de seguridade. A protesta, convocada pola sección sindical da CIG, ten lugar tras do accidente laboral ocorrido na planta a pasada semana e que provocou queimaduras graves a unha empregada.

A este respecto, a representación da CIG na empresa entende que, de levarse a cabo as medidas de mantemento necesarias “probabelmente o accidente non se tería producido”. Ao tempo, apuntan tamén á nova estrutura que supuxo unha redución dos postos e un incremento das cargas de traballo.

Sobre a comisión investigadora do sinistro, indican que xa está constituída, mais até o momento só se fixou o calendario para a vindeira semana. Polo que agora, “estamos á espera de que os investigadores/as por parte da empresa e os delegados/as de prevención cheguen as conclusións técnicas polas que se produciu o accidente”.

Volver