A CIG vén de obter a maioría absoluta nas eleccións sindicais ao comité provincial da Coruña da empresa de transporte de viaxeiros Arriva, que se corresponde con Santiago, A Coruña, Bergantiños e A Costa da Morte. A central sindical conseguiu 7 dos 9 delegados e delegadas que conforman o comité e 153 votos fronte os 58 de CCOO e UGT.
Cadros cos resultados das eleccións sindicais ao comité provincial de Arriva
COLEXIO DE ESPECIALISTAS
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
CIG
|
130
|
6
|
|
UGT
|
20
|
1
|
|
CCOO
|
14
|
1
|
COLEXIO DE ADMINISTRATIVOS
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
CIG
|
23
|
1
|
|
CCOO
|
1
|
-
|
O responsable nacional de transportes da FGAMT, Xesús Pastoriza valora moi positivamente estes resultados que “veñen respaldar o traballo desenvolvido pola CIG durante este período e o modelo sindical que representa”.
Neste sentido subliña que até o de agora a CIG non puidera presentar candidatura no colexio de administrativos pero desta volta si, “cun resultado espectacular, 23 votos por 1 de UGT “.
Pastoriza lembra que a CIG é, en Arriva, a primeira forza en Galiza e a segunda no Estado.