A CIG gañou e conseguiu a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas na empresa Lucus Market SLU (supermercados Gadis) ao obter 14 das 21 delegadas e delegados que se escollían e case duplicar o número de votos recibidos pola outra candidatura. O resto da representación, 7 persoas, foron para UGT, sindicato que até agora tiña a maioría neste comité de ámbito provincial.
Por colexios os resultados son os que seguen:
|
|
CIG
|
UGT
|
Outros
|
|
Votos
|
Delegadas/os
|
Votos
|
Delegadas/os
|
Votos branco
|
Votos nulos
|
|
Colexio de especialistas
|
410
|
14
|
185
|
7
|
11
|
4
|
|
Colexio de persoal técnico
|
-
|
-
|
40
|
1
|
4
|
2
|
|
Total
|
410
|
14
|
225
|
7
|
15
|
6
|
Para a CIG-Servizos este extraordinario resultado constitúe unha resposta contundente e clara das traballadoras e traballadores de Gadis á traizón de UGT e USO na negociación colectiva, asinando un convenio fóra da mesa e cando o sector, por primeira vez, estaba apostando de xeito decidido pola mobilización para conseguir melloras salariais e laborais.
A pesar das presión, as ameazas, os despedimentos e as coaccións da empresa para evitar que o persoal se presentara polas candidaturas da CIG, estas eleccións evidencian a vontade da maioría das traballadoras e traballadores para cambiar a correlación de forzas e apoiar a quen defende os seus intereses, coa vista posta xa na seguinte negociación do convenio.
Hai que lembra que o convenio asinado antes do verán non respondeu ás reivindicacións do persoal nin en materia salarial nin no relativo ás melloras laborais e sociais, xa que segue contemplando as condicións máis baixas dos catro convenios provinciais.
Gadis (que controla o convenio do comercio de alimentación de Lugo) conta con 29 centros de traballo por toda a provincia e un cadro de persoal de 751 traballadoras e traballadores, ademais de ter outros centros de traballo con comités propios (como os Hiper Gadis) nos que tamén se están a celebrar as eleccións.
Este proceso, sumado ao resultado das eleccións parciais celebradas en Froiz o pasado mes de novembro, deixa moi ben situada a CIG no sector de cara ao vindeiro convenio. Coa responsabilidade que isto implica, a CIG agradece a confianza depositada nas súas candidatura e reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos e na loita para mellorar as condicións de todo o sector.