A CIG solidarízase coas organizacións sindicais do Brasil participando no acto "Fóra Temer"

Cunha concentración diante da sede das Nacións Unidas en Xenebra
Nacional - 13 Xun 2017

Este luns, e coincidindo coa celebración da 106 Conferencia Internacional da OIT, a CIG participou activamente e mostrou a súa solidariedade co pobo brasileiro na concentración que as organizacións sindicais do Brasil convocaron diante da sede das Nacións Unidas, en Xenebra, para manifestar o rexeitamento ao actual e ilexítimo goberno de Témer, xurdido dun golpe parlamentar.

Coa protesta pretendíase denunciar os niveis de corrupción nos que está implicado este goberno, e pedir a normalización da situación política no seu país, por medio do adianto do proceso electoral.

Dende a CIG, nesta ocasións a través do responsábel de Relacións Internacionais, apoiamos a campaña de "Fóra Temer" que están levando a cabo os principais axentes sociais do Brasil e no que está participando masivamente a súa poboación.