A CIG logra a maioría absoluta nas eleccións celebradas en Detegasa

Obtivo catro dos cinco representantes no comité

Ferrol -

A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas este martes en Detegasa ao lograr catro dos cinco representantes que integrarán o comité de empresa. A central nacionalista foi a única candidatura que se presentou no colexio de operarios, no que se escollían dous dos cinco delegados/as, e sumou a maioría de votos tamén no colexio de técnicos/as, onde obtivo outros dous representantes.

Os resultados das votacións foron os seguintes:

 

Votos

Delegados/as

CIG

41

4

CCOO

13

1

Detegasa é unha empresa situada en Valdoviño que ocupa a máis de 60 traballadores e traballadoras e que se dedica á fabricación e montaxe de sistemas de xestión de residuos en barcos e instalacións offshore.

Dende a Federación de Industria da CIG de Ferrol agradecen a confianza que os traballadores e traballadoras depositaron de maneira moi maioritaria nas candidaturas da central sindical e reafirman o compromiso na defensa dos dereitos do persoal desta empresa.  

Volver