A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas onte, martes 4 de xuño, entre o persoal laboral do Concello de Chantada ao lograr 3 dos 5 delegados/as do comité de empresa. Deste xeito, por primeira vez, a CIG consegue a maioría absoluta no órgano de representación do persoal laboral.
Dende a central nacionalista destácase a elevada participación neste proceso, xa que dun total de 78 traballadoras/es acudiron a votar 72 persoas (23 no colexio de técnicos/as, onde se escollían 2 delegado/a, e 52 no colexio de Especialistas, que elixía 3 representantes).
Os resultados das votacións foron os que seguen:
|
Colexio
|
CIG
|
CSIF
|
|
Votos
|
Delegados/as
|
Votos
|
Delegados/as
|
|
Técnicos/as
|
12
|
1
|
11
|
1
|
|
Especialistas*
|
30
|
2
|
18
|
1
|
|
Total
|
42
|
3
|
29
|
2
|
*Aos votos neste colexio hai que sumarlle un voto en branco
A CIG agradece a confianza depositada polo persoal laboral do Concello de Chantada nas súas candidaturas e reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras e por uns servizos públicos de calidade. Neste senso, algúns dos retos máis inmediatos a abordar pola representación da CIG son rematar a RPT que segue a medio facer e sentar as bases para iniciar a negociación do novo convenio colectivo (o actual está caducado), que recolla melloras salariais e laborais reais.