A federación de Industria da CIG de Ourense mobilizouse hoxe para rexeitar a represión laboral e sindical no grupo Pérez Rumbao, tras o despido dun traballador de Bétula Cars que se reincorporou á empresa despois de superar unha grave enfermidade, e para denunciar que a dirección de Pérez Rumbao está a intentar incidir nas eleccións sindicais.
Ourense
A protesta, na que participou o secretario nacional da federación de Industria da CIG, Xoán Xosé Bouzas, tivo lugar na gasolineira da rúa do Progreso, propiedade do grupo Pérez Rumbao, a partir das 11:00 horas, onde se despregou unha faixa e se berraron consignas.
Dende a central lembran que denuncian que a dirección do grupo Pérez Rumbao está a tratar de incidir no resultado das eleccións sindicais en empresas como Apersa ou Copersa para que os traballadores/as apoien as candidaturas da UGT ou de CCOO, ademais de despedir nos últimos dous anos a varios afiliados da CIG.
30 Xan 2026
11 Out 2019
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.