A CIG-Industria de Ourense denuncia a empresa Gaesa-Rubi na Inspección por discriminar as traballadoras

A compañía acondicionou as instalacións pero non habilitou un vestiario para as mulleres

Ourense -

A federación de Industria da CIG de Ourense vén de presentar unha denuncia diante da Inspección de Traballo contra a empresa Galicia Auto Estampación (Gaesa), con sede en Ribadavia e pertencente a grupo industrial IPM Rubí, por discriminación contra as traballadoras despois de que fixese obras nos vestiarios e non habilitase un para mulleres.

Segundo lembran dende a central, hai xa máis dun ano que veñen reclamando un vestiario para as traballadoras da fábrica, “pero a dirección dicía que cando rematase as obras de acondicionamento das instalacións farían un vestiario para as mulleres”.

Mais unha vez rematados os traballo, os delegados de persoal, vendo que a situación non mudou, decidiron poñer unha denuncia diante da Inspección de Traballo por discriminación ás compañeiras.

Volver